Todolos artigos de: cafebarbantia

Suso de Toro entrega nova novela, pero non falarei dela

Suso de Toro1 (1)Pilar Sampedro. Suso de Toro pode ser, ao meu entender, o máis aproximado á imaxe do intelectual critico e comprometido do noso país. Conserva íntegra a disposición a ilusionarse cada vez que descobre unha personalidade fóra do normal, unha idea valiosa ou unha iniciativa poderosa. Seguir lendo Suso de Toro entrega nova novela, pero non falarei dela →

Polos vieiros da saudade, de Ramón Otero Pedrayo

71OsnixPXlLX. Ricardo Losada. Custoume unhas poucas páxinas entrar no libro. Había tempo que non lía un texto de Otero Pedrayo, e aquel estilo que me fascinara nos anos oitenta en Arredor de si, provocábame un certo rexeitamento, probablemente, penso agora, porque o comprara convencido de que ía ler unhas simples memorias sobre unha viaxe de Trasalba a Bos Aires, con paradas en Tui, O Porto, Lisboa, Río de Xaneiro e Montevideo. E diso trata o libro, sen dúbida, pero tamén, e sobre todo, dunha viaxe pola vasta cultura universal e pola barroca vocación de estilo dun autor para quen escribir é, sen dúbida, moi en sentido decimonónico, escribir bonito. Seguir lendo Polos vieiros da saudade, de Ramón Otero Pedrayo →