Marina Losada Vicente. Nunha época de certa tensión entre nós, meu pai, amante do cine clásico, recomendoume ver Historias de Filadelfia, coa premisa de visitar o espello da protagonista. Aclaroume que non se trataba de que as dúas estabamos divorciadas. Debería fixarme nos cambios que Tracy Lord experimenta, despois de todo o enredo, para acabar entrando en certa sazón. Busquei información sobre a trama da película, que recordaba vagamente, e puiden ler que a heroína ten un temperamento indómito, mandón, vaidoso e caprichoso. A comedia termina cunha “señorita” máis dócil e considerada, disposta a tomar as rendas da súa vida. Seguir lendo Historias de Filadelfia →