Todolos artigos de: cafebarbantia

O xiro, de Noelia Gómez

O Andel. O_xiro_Noelia_GomezRomán Arén. Noelia Gómez (Rianxo, 1995), xornalista e especialista en literatura comparada, obtivo con este poemario o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. O xiro, o movemento que vencella o “cortar o embigo / e enterrar o corpo”. Pero se “nacemos suxeitando a morte”, verso co que remata a obra, a autora vainos guiando polos arames dos lugares, mais verquéndolles unha outra mirada: “chegará o día / no que o mar / inunde toda a praza”. O coñecido estráñase, móvese, acompaña os desexos do corpo, nese “querer derruba paredes”, a saudade da infancia, sempre móbil na mirada. A necesidade da escrita para comprender ese mundo das mulleres que “non viaxan / non comen fóra / non bailan / retan o medo”. Seguir lendo O xiro, de Noelia Gómez →

Un muradán en Santo Domingo

O Escritor. Garcia_Rodriguez. AbrilPastor Rodríguez. José Mª García Rodríguez nace en Muros o 6 de febreiro de 1912. Licenciado en Dereito, xuíz e maxistrado de Traballo en 1944. Emigra á República Dominicana en 1945, onde foi chanceler do Consulado español ata 1963, ano no que pasou a exercer en Porto Rico. Cultivou o xornalismo, a poesía, a novela e a biografía. E 1979 veu visitar a súa vila natal. Autor de novelas históricas como Princesa de Francia en Castilla e de biografías como Doña María de Molina ou Ambrosio Spínola y su tiempo. Publicou ademais o libro de relatos Cuentos de cornudos y otras picardías (1973), obras históricas como Guerra de Independencia (1808-1814) e Don García Hurtado de Mendoza, el vencedor de Caupolicán. Seguir lendo Un muradán en Santo Domingo →