Francisco Ant. Vidal Blanco. Desde os sacrificios de Ifixenia e de Isaac, ambos substituídos no último momento, por un cervo ela e por un carneiro el, os entendidos aseguran que quedou marcado o momento en que os antigos sacrificios humanos se trocaron por animais. Seguir lendo O sangue dos mártires
Todolos artigos de: cafebarbantia
E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, de John Berger
Fidel Vidal. Dividida en dúas partes -a primeira trata do tempo (1/Unha vez), e a segunda do espazo (2/Aquí)- o pequeno pero intenso volume de John Berger (E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, Hermann Blume, 1986) mergúllanos nunha profunda e intimista análise sobre temas de sempre, filosóficos se queredes, nos que o autor ponnos diante do espello co obxecto -coido que sen buscalo- de que reflexionemos ante as eivas que nos envolven. Ensaios e poesía van da man nesta recomendable obra, na que se atopan ademais achegas sobre Van Gogh e Caravaggio. Seguir lendo E os nosos rostros, miña vida, breves como fotos, de John Berger
Cen anos do teatro Coliseo Noela
Pedro García Vidal. A onda renovadora que percorre o século XIX e primeiras décadas do XX ten tamén expresión nos espazos de ocio, pois así como xorde unha nova arquitectura doméstica ou se multiplican os espazos verdes, a nova sociedade burguesa precisa igualmente de novos lugares para o esparexemento e a vida social. Seguir lendo Cen anos do teatro Coliseo Noela
Crebas, de Francesc Torres
Pilar Sampedro. En 2017, este artista realizou a exposición Parábola da Abundancia no Museo do Pobo Galego. Era o testemuño do que el e Terry Berkowitz fotografaran e gravaran en vídeo, ao longo dos veráns de 2014 e 2015 na costa galega: os grupos de mariscadoras que fan do mar unha leira na que recoller a colleita. Seguir lendo Crebas, de Francesc Torres