Pilar Sampedro. Neste empeño por falarche con palabras doutros (as miñas non me parecen suficientemente convincentes) boto man duns magníficos textos que se presentan en formatos tan humildes coma un marca páxinas, iso si, en forma de libro. Imos duns a outros, recollendo o que eles e elas sementaron, agradecéndolles os textos Seguir lendo Cartas a unha lectora (III)
Todolos artigos de: cafebarbantia
A cousa común
Marina Losada Vicente. Era o tema do día, da semana e ameazaba con ser o tema do mes. A cousa ía para tempo. O concello proxectaba abrir unha rúa que atravesaba un campo baldío ao que daban casas que tiñan esa zona como patio in diviso, amén de pequenas fincas de propiedade múltiple dado o carácter miniparcelar ao uso. Seguir lendo A cousa común
Andades á xunta?, de Emilio Araúxo
Fidel Vidal. Hai uns anos recibín un agasallo fermoso e sorprendente que hoxe, por estrañas circunstancias, acudiu á miña memoria: o libro de Emilio Araúxo Andades á xunta? (Con Isolina Pumar en Chaiviou e no Poulón), edición non venal, 2010. Unha fotografía a cor e unha cordial dedicatoria completan o inesperado e formidable galano. No retrato, a modo de postal, aparece Manuel Garrido Silva, artesán de caretas, amosando unha de cigarrón con mitra decorada por un ergueito cabalo en branco e vermello sobre un prado verde. Na parte posterior Emilio explica as razóns de tal envío, que non vou dicir, agás a honra e deferencia de me considerar un máis da “nosa aldea”. Seguir lendo Andades á xunta?, de Emilio Araúxo
Amor de verán
Ramiro Ouviña O. Xa viñan enleados cando chegaron para cear. As frases, aínda que pronunciadas sen alporizar os ánimos, atropelábanse unha coa outra.
-Eu só che digo que as cousas do verán morren co verán. E moito máis mortas están cando son do verán pasado, … Seguir lendo Amor de verán