Todolos artigos de: cafebarbantia

2020, o ano sen primavera

TurnerPilar Sampedro. “O ano sen verán” (e tamén o ano da pobreza) foi como se lle chamou a 1816. Baixaran as temperaturas e o sol estivo oculto, as erupcións volcánicas en Filipinas e Indonesia foron causa de parte desta situación que provocou escaseza de colleitas e alimentos. Pero non foron só esas as repercusións da falta de verán, os efectos sobre a cultura fixéronse ver nas pinturas Seguir lendo 2020, o ano sen primavera →

Estación terminal

pexels-photo-3669388X. Ricardo Losada. Cóntame Carmen, unha amable lectora, que, durante o confinamento, botou de menos o bisneto, pois adoita saír con el e sentar nun banco a ver pasar o metro de superficie de Madrid mentres o neno, cada vez que pasa un, di Adiós, ten. Gustoume tanto a historia que, de inmediato, asocieina co relato de Rafael Dieste O neno que quería ver o tren. Xa sei que o relato titúlase O vello que quería ver o tren, pero nun primeiro momento, condicionado pola historia de Carmen, cambiei a idade do protagonista. Aínda que non tardei en decatarme de que non era un erro tan ilóxico. Teño moitas dúbidas de quen é o protagonista do relato do autor rianxeiro. Seguir lendo Estación terminal →

Oda a ti, ben prezado -con algo de prosa-

10511430-cerca-de-una-caja-de-jabón-blanco-sobre-fondo-blancoMarina Losada Vicente. Busquei a túa orixe, da que apenas tiña referencias. Supoñía, iso sí, que estarías en mans de mulleres. Non o pesei porque sexamos mellores ou máis estupendas, non. Pensei en nosoutras porque na vida diaria, neste país e nos da contorna, no continente e no resto dos mundos todos, somos as mulleres quen, en maior porcentaxe, te sustentamos. Seguir lendo Oda a ti, ben prezado -con algo de prosa- →