X. Ricardo Losada. A poesía non é, nin moito menos, o xénero ao que máis tempo dedico, pero si o que me depara momentos de maior pracer intelectual, e no que podo desfrutar con máis paixón dos extremos, desde os poemas máis claros e cristalinos de Rosalía ata os máis escuros e crípticos de Manuel Antonio, desde os máis románticos de Neruda aos máis sucios de Bukowski, desde os máis sentimentais e líricos de Rubén Darío aos máis prosaicos e narrativos de Anne Carson. E prodúceme ese pracer, seino, porque non entendo moito de poesía, e leo os poemas como cartas que me manda un amigo ao que só lle esixo, máis alá da súa forma de expresarse, que sempre respecto, a maior das sinceridades. Seguir lendo Atlas, de Alba Cid
Todolos artigos de: cafebarbantia
Primeira impresión
Marina Losada Vicente. Impresionouna a primeira vez, cando explicaba o tipo de danza que ía impartir no centro social. A presentación de cada alumna, á semana seguinte, non fixo senón acrecentar en Daniela aquela sensación. A forma de desprazarse de Mare, relaxada e libre, distendida, como quen camiña no aire, ou non camiña, sen conciencia do propio movemento. O estar ausente e atenta ao tempo. Presente con sabor a espertar. Unha pinga de abstracción, non sabería dicir. Aínda que algo intuía, foi a ficha de inscrición a que lle pechou a porta. A pupila é quince anos máis vella que a mestra. Unha montaña que non sabe como escalar. Seguir lendo Primeira impresión
Lembrando o dueto de PJ Harvey e Nick Cave
Gonzalo Trasbach. Os que gustamos da música pop contemporánea tamén nos interesamos polas rexoubas que arrodean os nosos cantantes ou grupos favoritos e coñecemos os medios para conseguir este tipo de informacións ás veces un tanto banais, pero que dan moito xogo. Pois ben, hoxe imos escribir sobre un rumor do que se falou dabondo no seu tempo. Fai 25 anos que se soubo que Nick Cave, o líder dos Bad Seeds, e mais Polly Jean Harvey viviron ao parecer unha relación amorosa bastante turbulenta Seguir lendo Lembrando o dueto de PJ Harvey e Nick Cave
Aplausos (II)
Fidel Vidal. Os rituais son accións baseadas en crenzas relixiosas, ideolóxicas, ou mesmo por afeccións deportivas. Realízanse principalmente polo seu valor simbólico. Individualmente os ritos son propios de comportamentos compulsivos, como nos trastornos obsesivo-compulsivos (TOC). Freud apunta que os rituais permiten aos individuos que os practican liberalos Seguir lendo Aplausos (II)