Todolos artigos de: cafebarbantia

Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane

978849479067Fidel Vidal. Se vos queredes mergullar no mundo da creación poética, velaquí unha obra estimulante encol dun tema ateigado de misterios: Lingua de Eva e Adán. Sobre poesía e poetas, de Xavier Seoane (Espiral Maior, 2018). No Limiar adiántanos que, “á maneira de apuntamentos, ou de reflexións illadas, expóñense ideas, intuicións, dúbidas e interrogantes que poidan propiciar o diálogo sobre a experiencia poética”. Xavier Seoane, ademais de poeta, é un gran coñecedor da pintura e da literatura e un teórico que acerta en canta materia de orde cultural pon o seu saber. O que eu non sei é de onde saca o tempo para tamaña obra da que é autor. Talvez, como sucede coa poesía, “viva de “insomnio perpetuo”, en cita que recolle de René Char. Seguir lendo Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane →

O eremitorio da Misarela e a súa lenda

O elemento que se correspondería coa barca é totalmente visible no río Pedras
O elemento que se correspondería coa barca é totalmente visible no río Pedras

Ezequiel Lago Mallo. A súa lenda recórdanos que houbo un tempo no que algúns santos empregaban macizas barcas de pedra nas súas travesías. No termo municipal da Pobra do Caramiñal, encóntrase o xacemento arqueolóxico denominado eremitorio de San Xoán da Misarela Seguir lendo O eremitorio da Misarela e a súa lenda →