Todolos artigos de: cafebarbantia

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXV. Un postista: Carlos Edmundo de ORY

unnamedRomán Arén. Grosso modo, na poesía española de posguerra poden facerse tres grupos, prescindindo de matices e individualizaciones: formalistas (ou “garcilasistas”), enraizados (o crupo de <Espadaña> e logo social-comprometidos) e vangardistas (os prosistas). Carlos Edmundo de ORY (Cádiz, 1923) é o máis coñecido destes últimos, xunto con Chicharro Briones e Gabino-Alejandro Carriedo. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXV. Un postista: Carlos Edmundo de ORY →

O nó de Alexandre

alejandro-magno-1Francisco Ant. Vidal Blanco. Certo día, para poñer ó seu alumno a proba, Aristóteles acercouse ó pupitre de Alexandre e púxolle diante unha corda cun arrevesado nó para que o desfixese. Alexandre intentouno unha e outra vez ata poñerse nervioso, e como non lle atopaba xeito, sacou de espada e fendeu a corda polo mesmo nó para demostrar Seguir lendo O nó de Alexandre →

O que arde

Lo_que_arde-658148396-largeIgnacio Castro Rey. O que arde (Oliver Laxe, 2019) é unha película que hai que ver. Aínda que só sexa porque ten “pouco que ver” coas facilidades que corren por estes pagos, tanto de factura nacional como estranxeira. Poderíase dicir case, como ocorre en Paterson e algunhas outras obras, sexan de  Guerín, Lois Patiño ou Mercedes Álvarez, pero moi distinta a todas elas, que a de Laxe é unha película sobre nada, acerca da néboa lenta que é a vida humana. Isto obriga a unha atención constante para non perder ningún detalle, aspectos ás veces insignificantes nos que se xoga o conxunto da historia. Se é que se pode falar de historia neste caso, dado que o narrado roza de continuo o  inane, o ser lento da especie humana e da terra. Seguir lendo O que arde →