Todolos artigos de: cafebarbantia

Auga bendita para todos

water-to-wineFidel Vidal. Abonda literatura respecto da importancia da auga como símbolo de purificación e bendición (“eu bendicirei o teu pan e a túa auga. E afastarei de ti as enfermidades”, Éxodo). Mais dise que a orixe da auga bendita vén dos tempos e da man de Xesús, xa que logo el mesmo bendiciuna e, cando foi necesario e a petición da súa nai, transformouna en viño. Non augou o viño senón que fixo viño, o mellor viño que se catou nas vodas de Caná. Nada menos que seis cubas de pedra dispostas para as purificacións. Seguir lendo Auga bendita para todos →

Noite de «carta branca»

pexels-photo-1089930Natividad Rey. Despois da guerra viñeron tempos de arrepío. Días onde «aqueles» que tiñan «carta branca» ou, mellor dito, liberdade para fusilar a quen lle tivesen rabia, puxérona en práctica. Era noite cando a Federico, o chofer da empresa O Rosal, lle deron un último encargo: debía levar un cargamento de vítimas ata o lugar da Paradegua, esperar a que o linchamento acontecese e, logo, axudar a cargar os mortos na parte superior do vehículo para despois lanzalos ás cunetas. Era á noitiña cando Federico se dirixiu a onde o citaron. Os reclusos subiron aos tropezóns no autobús, baixo as ordes d’«aqueles», e así iniciaron a viaxe ao inferno. Seguir lendo Noite de «carta branca» →

O Don Gaiferos

Gaiferos2Francisco Ant. Vidal Blanco. Sempre me gustou o romance daquel peregrino camiño de Compostela a quen lle fraquean as forzas, e sentíndose incapaz de avanzar pídelle ó Apóstolo o alento suficiente para chegar ó seu templo. Mal que ben acada ó seu destino, e cando se encontra fronte a Santo Patrón dálle as gracias dicindo que xa lle pode quitar a vida se así o desexa, e entón cae morto.
O romance remata: Este é un dos moitos milagres que o Señor Santiago fai. Daquela, vós coma min, diredes que mellor lle sería ó noso Santo Apóstolo non facer certos milagres. Seguir lendo O Don Gaiferos →