María Xesús Blanco. Hai historias que te prenden dende a primeira frase. E escritores tamén. Iso é o que acontece con Ese Unicornio rosa (Finalista Premio Ala Delta, 2005) e co seu autor, Carlos Mosteiro (Xeve 1955, Pobra do Caramiñal 2017). Neste libro un neno a piques de cumprir nove anos, Miguel, escríbelle unha carta aos Reis Magos pedíndolle algúns agasallos. Entre eles un misterioso unicornio rosa que lle sorrí tralo vidro dun escaparate. Un segredo que non se atreve a contar por mor de ser visto coma un parvo. O fío narrativo lévanos logo da man deste rapaz, e da súa amiga inseparábel Carolina, pola rutina cotiá duns personaxes que viven situacións, ás veces complexas, nas que han de resolver conflitos Seguir lendo A bruxa e o unicornio
Todolos artigos de: cafebarbantia
Limiar Anuario 2019
X. Ricardo Losada. Non recordo quen dixo que aqueles países nos que o sentido común choca coa evidencia son países infelices, pero é unha frase que me vén todos estes días de loucura mundial á cabeza. O sentido común, enterrado baixo populismos de diferente signo; a evidencia enterrada baixo esa proliferación de noticias falsas que gobernos de diferente pelaxe e particulares de diferentes intereses propagan polas redes sociais.
Sei que falar de sentido común e de evidencia é complicado, e préstase a moitas interpretacións, mesmo a moitas manipulacións. Seguir lendo Limiar Anuario 2019
María Mariño: o tempo na terra
Fidel Vidal. Se existe unha enfermidade que se anuncia polo síntoma de estar alegre, eufórico, isto é, de verse feliz de vez, chámase Trastorno bipolar, na súa presentación maníaca. Antes denominábase Psicose de dobre forma (Baillarger), Circular (Falret) ou Maníaco-depresiva (Kraepelin). Quer dicir, na que o humor pode oscilar desde a máxima euforia e hiperactividade (podendo alcanzar o delirio) até a depresión melancólica, nun variado abano, dependendo da intensidade e forma de se presentaren os síntomas. No caso de seren creadores os que a padecen, está visto que escribir, ou pintar, semella non ser excesivamente doado facelo desde a alegría. Seguir lendo María Mariño: o tempo na terra
Da colaboración entre manifestacións artísticas á colaboración entre entidades

Pilar Sampedro. Falamos da unión das artes, necesaria especialmente cando se realizan mostras. Ademais da interrelación entre as artes literarias e plásticas, podemos atender á relación entre as exposicións plásticas e a música. Seguir lendo Da colaboración entre manifestacións artísticas á colaboración entre entidades