Marina Losada Vicente. Costou traballo pero aquí estou, celebrando sen celebrar que onte fixo un ano que son unha muller separada. Separada, que non divorciada, que a min o papelame dáme igual. Hoxe fai 366 días que vin como unha maleta e varias caixas te levaban da miña vida. Parece mentira que pouca cousa se necesita para baldeirar quince anos de matrimonio. Seguir lendo Un ano e un día
Todolos artigos de: cafebarbantia
A patafísica
Francisco Ant. Vidal Blanco. Lembro un día moi divertido vendo un programa de televisión no que varios entendidos falaban sobre a aparición dunha Virxe, asegurando unha das videntes que con aquela viñera o Espírito Santo para acompañala; e cando un sacerdote presente no programa lle dixo que era imposible, porque o tal Espírito non se pode ver, ela contestou rotundamente que claro que o veu e era unha pomba. A ver que clase de cura era aquel que non sabe como é o Espírito Santo. No mundo da ciencia, ninguén confunde o elemento real coa súa representación, distínguese moi ben entre o símbolo e o simbolizado Seguir lendo A patafísica
De viños pola Ribeira Sacra
Eme Cartea. Un día despois da declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como BIC, estes 180 quilómetros cadrados lindeiros entre Lugo e Ourense son xa candidatos oficiais a Patrimonio Mundial da Humanidade 2021, froito dos seus caldos con máis de 2000 anos de historia e decantación. Seguir lendo De viños pola Ribeira Sacra
O labirinto do Pelouriño
Xerardo AgraFoxo. Cheguei cedo ao corazón da cidade histórica, a zona alta onde se concentraban os seus monumentos e a praza bautizada co nome do Pelourinho, a columna onde castigaban os escravos rebeldes e os criminais. Un par de guías turísticos intentaron dirixir os meus pasos na Praza da Sé, pero axiña desistiron das súas intencións. Seguir lendo O labirinto do Pelouriño