Marina Losada Vicente. Catro días hospitalizada e dez coa perna en alto deron para cambios de fondo na súa casa. O máis rechamante, co que non comungou, que vale cambiar as sabas cada quince días. Aos oito, se che peta, dáslles a volta, ben poñéndoas do revés, ben poñendo a parte da cabeceira nos pés. As toallas da ducha, secando baño, minguaron a coada diaria. Seguir lendo Limpa non é quen limpa…
Todolos artigos de: cafebarbantia
Agamben e Greta
Giorgio Agamben. (Da rúbrica «Una voce» de Giorgio Agamben no sitio web de Quodlibet, 18 de novembro de 2019). Do mesmo xeito que calquera relixión, tamén a relixión da ciencia non podía carecer dunha escatoloxía, é dicir, dun dispositivo que, mantendo aos fieis no medo, reforza a súa fe e, ao mesmo tempo, asegura o dominio da clase sacerdotal. Aparicións como Greta son, neste sentido, sintomáticas: Greta cre cegamente no que os científicos profetizan e espera a fin do mundo en 2030, exactamente como os milenaristas na Idade Media crían no inminente regreso do mesías para xulgar o mundo. Seguir lendo Agamben e Greta
Na terra de Jorge Amado
Xerardo AgraFoxo. Un crego díxome que el sabía dunha persoa que me podía falar da praga que atacara o cacao. Despois fun ata a Casa de Cultura Jorge Amado. Había unha estatua súa diante da fachada e outra preto das escaleiras da catedral. As dúas eran diana dos fotógrafos ocasionais. No caserón habilitado para homenaxealo recollíase aquela parte da súa vida vinculada coa cidade. Seguir lendo Na terra de Jorge Amado
Cipriano Fernández, teatro e ensino
Pastor Rodríguez. Foron dous autores do Barbanza, Castelao e Rafael Dieste, quen fixeron dúas achegas esenciais á historia do teatro galego, Os vellos non deben de namorarse e A fiestra baldeira, e será logo un noiés, Xosé Agrelo Hermo, quen se convertiría no nome máis representativo do noso teatro, co grupo Candea, mais tamén nun nome significativo do teatro para nenos na súa etapa escolar. Nese teatro infantil destacou outro home do Barbanza, Xesús Santos Suárez. Seguir lendo Cipriano Fernández, teatro e ensino