Todolos artigos de: cafebarbantia

Xaque mate en catro pasos “non comentes nada”

Jaque-MateMarina Losada Vicente. 13,25 h. No lugar de Tallos, Dodro, María desafógase coa súa cuñada Rita. Non comentes nada. O xenro vén de Bastavales, de estar coa nai. Súa irmá Sagrario ten un cancro terminal, adiantoullo o especialista. Dado o seu cadro médico pedirán axuda da psicóloga para dicirllo.

14,00 h., Rita, non comentes nada, alíviase na filla que foi visitala a Burés. Seguir lendo Xaque mate en catro pasos “non comentes nada” →

Armando a Maradona

Maradona_vs_englandX. Ricardo Losada. No mundial de México de 1986, Maradona meteulle a Inglaterra, nun partido marcado pola recente guerra das Malvinas, un dos goles máis fermosos da historia do fútbol. Un gol que, para máis, tivo a sorte de ser narrado en directo, dunha forma extraordinaria, polo locutor arxentino Víctor Hugo Morales: “Ahí la tiene Maradona, lo marcan dos, pisa la pelota Maradona. Seguir lendo Armando a Maradona →

De escola e innovación…

Mesa Rede InnovaciónPilar Sampedro. Hai unhas semanas, a Revista Galega de Educación e o Ateneo de Santiago organizaron unha mesa redonda con catro profesionais de recoñecido prestixio, baixo o título “A escola que construímos”. Tratábase de falar acerca das dificultades e oportunidades para educar neste contexto político, social, tecnolóxico, lingüístico…; da presenza dunha escola innovadora na Galicia actual Seguir lendo De escola e innovación… →

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIV. Un anarquista canta a Rosalía

agrazRomán Arén. En 1985 Xesús Alonso Montero incluíu na súa Coroa poética para Rosalía de Castro un interesante poema, “Galicia mártir”, publicado na revista <CNT> número 745, o 11 de novembro de 1937, o ano do centenario do nacemento da poeta, e dá o texto como anónimo. Xa en 2004 Alonso, na obra Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004) (Vigo, Xerais), fornécenos o dato da autoría do texto, Antonio Agraz, e, baseándose en Serge Salaün, indícanos que foi o poeta libertario da guerra, detido en 1939, condenado a doce anos de cárcere e que morreu no Hospital Provincial de Madrid en 1959. Salaün inclúeo no Romancero de la guerra de España 1. Romancero libertario (1971). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIV. Un anarquista canta a Rosalía →