Fidel Vidal. Galicia mudou de paisaxe. Entrando pola autovía “Camiño de Santiago”, mires onde mires non es quen de dares cun espazo onde, preto ou lonxe, non tropeces cunha plantación de eucaliptos. Seguir lendo Eucalipcia
Todolos artigos de: cafebarbantia
Auicia
Marina Losada Vicente. Algo se remexeu no seu interior cando viu a foto. A imaxe fixérana pública sen o seu consentimento. Nin lembraba que lla tiraran. Os órganos que alí se exhibían eran, non cabía ningunha dúbida, os seus. Coincidían en todo coa descrición pormenorizada que fixera deles a neumóloga. Seguir lendo Auicia
O móbil de antes
Domingo Regueira. –Manoeeell!! Aaaac… comeeeeer!!!
–Xa bouuuuuu! —Contestaba Manuel dende as Lobeiras onde pescaba ás fanecas.
Antes desta estúpida xeración, as ondas sonoras esvaraban por riba do mar e case se vían camiñar a 343,2 m/s. Coido que antes ían máis lentas. Seguir lendo O móbil de antes
A esquecida lección dos mestres
X. Ricardo Losada. Xa teño comentado neste mesmo Café que a primeira vez que visitei a exposición Castelao maxistral non puiden contemplala con ecuanimidade e rigor porque, no medio dun grupo organizado de visitantes, deixeime dominar por un lexítimo e fermoso orgullo de ser rianxeiro como Castelao. Por iso, a segunda visita fíxena só. E esta vez si puiden imbuírme do espírito que a exposición trata de transmitir. O amor de Castelao pola humanidade a través das peculiaridades culturais, políticas e históricas da súa propia nación. Seguir lendo A esquecida lección dos mestres