Todolos artigos de: cafebarbantia

14,73 con acento galego

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Fidel Vidal. No Preámbulo da Constitución advírtese da necesidade de protexer os pobos de España “no exercicio dos dereitos humanos, as súas culturas e tradicións, linguas e institucións”. Deseguido convén recordar o punto 2 do Artigo 3 no que, canda o castelán, as demais linguas son “un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección”. Seguir lendo 14,73 con acento galego →

Frases con sorpresa

51OSHHFQhwL._SX331_BO1,204,203,200_X. Ricardo Losada. Sempre me preguntei por que hai frases que lle gustan a todo o mundo. É un exercicio moi instrutivo. Coller unha frase como “Oh, si, aprendín dos meus erros, e por iso estou preparado para repetilos exactamente”, e comprobar como case todos os lectores reaccionan da mesma forma. Sorpresa, iluminación, revelación, entusiasmo. Sorpresa porque rompe co tópico: o normal é pensar que aprendemos dos erros para non volver cometelos. Iluminación porque en canto superamos o paradoxo inicial, acéndese unha luz de aceptación na nosa cabeza. Revelación porque de súpeto descubrimos unha verdade que non queriamos ou non sabiamos enunciar Seguir lendo Frases con sorpresa →

Manuel Betanzos, un poeta de Palmeira

O Escritor. ImaxePastor Rodríguez. Unha das xeracións máis destacadas, canto a escritores, é a dos nados en Barbanza entre 1930 e 1940, é dicir, a que na literatura galega correspondería coa Xeración das Festas Minervais, que tamén se coñece como Xeración dos 50, á que pertencen Antón Avilés de Taramancos (1935-1992), Xosé Agrelo Hermo (1937-2006), Manuel Caamaño Suárez (1936), Xesús Santos Suárez (1936) ou Xosé Ramón Barreiro Fernández (1936), todos eles con importantes contribucións á literatura galega. Seguir lendo Manuel Betanzos, un poeta de Palmeira →