Marina Losada Vicente. As bragas, como serán as bragas? A súa mellor amiga convídaa a ir con ela ás augas e xamais lle viu as bragas, nin sequera no cordel. Visten ben diferente, dentro das mesmas posibilidades. Amalia tan de escuro, sobria, discreta… Máis que solteira diríase viúva. Remedios colorida, informal, sen chegar ao exceso por non parecerse á súa neta. No balneario compartiran cuarto. Remedios busca bragas máis do xeito de Amalia, para non ferila na súa intimidade. Seguir lendo Algodón branco
Todolos artigos de: cafebarbantia
Unha das primeiras leccións da vida
X. Ricardo Losada. Visitei a Cidade da Cultura para ver a exposición Castelao maxistral. No vestíbulo a recepcionista preguntoume de onde viña e, ao revelarlle de Rianxo, mostroume un rito de complicidade que me encheu de orgullo. Un orgullo que foi a causa de que no último momento decidise facer a visita guiada, algo ao que sempre me nego. Infórmome previa e posteriormente, pero a visita a un museo enfócoa como un paseo polo monte ou por unha vila descoñecida. Sen que ninguén me guíe a mirada, o pensamento ou a emoción. Se na exposición chove, quero dicir que chove. Se na exposición mexan por min, quero dicir que mexan por min. Algo que, nas visitas guiadas, é moi difícil de conseguir. Seguir lendo Unha das primeiras leccións da vida
O adobío real
De amos e escravos: a servidume
Fidel Vidal. Os adornos, coma os ritos e os complementos, son quen de sinalar aquel que posúe o poder. Hamm conta co trono (unha cadeira de rodas necesitada dun engraxe de aceite de vez en cando, unha especie de `papamóbil´ tirado por Clov), non lle falta a coroa (un solideo propio de xerarquías e príncipes da igrexa) e pode presumir do toisón de ouro colgado ao pescozo (o chifre). E o máis importante de todo: os súbditos, nesta ocasión un único supeditado e in/satisfeito servo. O criado, no seu papel, ademais de o manter -ou mantéñense (sopórtanse) ambos os dous, amo e criado, nunha sobrievida, nunha sobriedade e nada natural vida- é o encargado de o sinalar converténdoo nunha persoa importante. Seguir lendo De amos e escravos: a servidume
