Natividad Rey. Coa chegada do cristianismo foron moitos os deuses pagáns cuxos atributos pasaron a ser cristianizados para difundir culto. Así ocorreu coa deusa celta Brigid que pasou a ser Santa Bríxida mantendo a personalidade antiga. A súa celebración coincide co Imbolc que é unha das catro festividades principais do calendario celta e que a Igrexa adoptou baixo o nome da Candeloria que tamén é o día da Purificación da Virxe, celebrado en toda Galicia o día 2 de febreiro. O Imbolc foi cristianizado coa figura de Santa Bríxida de Irlanda que se celebra o 1 de febreiro, e foi sincretizada (segundo varias investigacións) con atributos de diferentes deusas Seguir lendo O amuleto protector de Santa Bríxida
Todolos artigos de: cafebarbantia
De trapos e atrapados
Fidel Vidal. Estamos a falar de sabas, dos panos e trapos que aparecen na obra de Beckett Fin de partida. E de dúas cortinas corridas nos dous ventanucos altos das paredes laterais do refuxio desde onde é (im)posible ver o exterior. Seguir lendo De trapos e atrapados
Engurras descolocadas
X. Ricardo Losada. Nun comentario neste mesmo blog afirmei que cando lía a Kant sentía ter a idade que teño, e cando lía a Nietzsche, a dun adolescente. E pedíalle a Magdalena, a miña interlocutora, que adiviñase a cal dos dous lle dedicaba máis lecturas. Seguir lendo Engurras descolocadas
Covardía
Antón Riveiro Coello. Cando eu era un cativo duns seis anos lembro que vin caer de bruzos a un home que ía coa muller. En canto ela deu en berrar pedindo axuda para que a valesen, asusteime e, empurrado polo medo e a covardía, dei en correr sen saber que facer ata que cheguei á miña casa e me metín no cuarto para chorar en silencio. Seguir lendo Covardía