Fidel Vidal. O Estado do benestar está máis ligado ao infeliz “mundo feliz” de Huxley que a estar ben, a sentirse a gusto que, no caso de experimentalo, precisamente por iso, non se zafará da cultura que nos tocou vivir, do malestar da cultura tan ben explicado por Freud. O benestar vai manifestarse nas vertentes do comunal, do igual, e estable (Bateson). Seguir lendo Estado do benestar
Todolos artigos de: cafebarbantia
A nena do espello. Desenguedellar, alisar e compoñer
Marina Losada Vicente. Pitusa miraba preocupada o espello, colocado á altura precisa para que seu pai se barbeara, no que a peiteaban a diario. A nai non estaba. Tampouco a avoa. Non tiña quen a asease e, polo tanto, non podía saír á rúa, prohibido o tiña, na que xa xogaba seu irmán. Subiu a unha banqueta. Tocaba desenguedellar, alisar. Desfixo as trenzas amodo, dando conta de que tiña que volver compoñelas. Seguir lendo A nena do espello. Desenguedellar, alisar e compoñer
O xílgaro de Durrell
Agustín Agra. Pouco antes de eu cumprir 12 anos, e ante o incipiente interese que amosaba polas aves, meu avó apareceu pola casa cun agasallo inesperado: unha gaiola, que mercara nun dos postos que os días de feira se establecían na rúa do Curro, cun xílgaro no interior. Porén, a meirande sorpresa foi a de descubrir que o paxaro portaba arredor dunha pata un anel metálico no que aparecía inscrito un código numérico e o enderezo dun zoolóxico da illa de Jersey. Seguir lendo O xílgaro de Durrell
A favela carioca de Vitigal
Xerardo AgraFoxo. Lera que a praia de Ipanema era máis cosmopolita e sofisticada, pero eu vina máis tranquila. O ambiente parecía familiar e as terrazas máis cativas que as de Copacabana. Dende a Punta do Arpeador, no extremo sur, ata o barrio de Leblón, un abeiro tradicional e apracible, sucedíanse hoteis e restaurantes. Dende ese lugar de encontro da mocidade carioca, recoñecido polos seus magníficos solpores Seguir lendo A favela carioca de Vitigal