X. Ricardo Losada. Releo con paixón Conversacións, libro de entrevistas con Cioran, un dos filósofos que máis me impactou a primeira vez que o lin. Atopo de novo ducias de reflexións que me fan pensar e que iluminan partes moi profundas e escuras da natureza humana. Pero volvo ter (reléoo con frecuencia) a mesma sensación de sempre. É un filósofo para ler, pero non para pedirlle consello sobre problemas reais. Aínda que dicía ser un apaixonado da filosofía-confesión, e deses filósofos que se toman a si mesmos como casos no sentido clínico da expresión, estou seguro de que se un familiar deprimido lle preguntase que facer, Cioran contestaríalle o mesmo que algún día escribiu Seguir lendo Cioran e o progreso
Todolos artigos de: cafebarbantia
Unha natureza sen dentes
Fidel Vidal. Que significa natureza? De primeiras pensamos na bioloxía, no puramente biolóxico, na fisioloxía dos organismos, sen outra manifestación que o seu funcionamento: sen discurso engadido que o relate. Este, o discurso, vai formar parte dunha novidade cualitativa que responde á identificación exclusiva do ser humano como tal. O discorrer do verbo ao que fica enganchado mesmo antes de nacer, como evidencian as palabras expresadas polos seus proxenitores dentro da ilusión dun desexo. Desde ese instante establécense lazos, incluídos os que se apuntan como nomes posibles cos que apadriñar os seus descendentes. Seguir lendo Unha natureza sen dentes
Un país á poula
Antón Riveiro Coello. A poboación galega é vella e aínda o vai ser moito máis. Arrepía pensar que volvemos ao número de mortes de 1945 cando a media de idade da mortalidade andaba polos 55 anos e non polos 80 de agora. Non nacen nenos dabondo para lles darmos a volta aos datos da pirámide Seguir lendo Un país á poula
A + A, de Ricardo de Barreiro
Eme Cartea. Os amores son ou non son… amestrados! Velaí. E logo, se a resposta é si, podemos vestir os soños de bolboretas de papel a toda cor interpretadas a catro mans e cun único bater de ás.
A + A, “unha viaxe aero-náutica a través da tinta e da palabra”. Pero tamén das linguas varias e dos pentagramas, sonoros, calados, por terra, aire e mar. Un mar autodidacta e atormentado que busca a “illa descoñecida” onde repousar, non vogar contra vento e marea. Seguir lendo A + A, de Ricardo de Barreiro