A + A, de Ricardo de Barreiro

O Andel. ImaxeEme Cartea. Os amores son ou non son… amestrados! Velaí. E logo, se a resposta é si, podemos vestir os soños de bolboretas de papel a toda cor interpretadas a catro mans e cun único bater de ás.

A + A, “unha viaxe aero-náutica a través da tinta e da palabra”. Pero tamén das linguas varias e dos pentagramas, sonoros, calados, por terra, aire e mar. Un mar autodidacta e atormentado que busca a “illa descoñecida” onde repousar, non vogar contra vento e marea. Mais o arquipélago vital é inmenso coral sobre a dor movediza na que a cordura debuxa naufraxios de peixes exóticos: eses que a imaxinación e o argazo anainan.

“Audio-caderno de artista para navegar pola marea máis suxestiva e bravía: o amor”. Figuras desfiguradas en bicos brancusianos, empedernidos. Cabriolas e acrobacias dun “festín caótico” alla maniera di Bacon ou do Verlaine de Homes. Liquidez lubricamente entre o sensual e o sexual “por un océano viciado / de tanta resaca emocional”.

Audio-poemas e ilustración (promiscuos de imaxe, palabra e son dixital), adobiados de música adormecente e moita paixón despregada. Unha “caldeirada sensitiva [...] para soltar o medo / todo / que tantas veces conxela / e aniquila… E hoxe é o día”.

A  +  A

Ricardo de Barreiro. Autor, editor e ilustrador

Impresión e encadernación: Norprint

Gravación: Guillerme Fernández

200 páxs.

Un comentario en “A + A, de Ricardo de Barreiro

  1. Querido y apreciado Manolo:
    Hace unas semanas mirando una receta de la famosa tortilla del Sacromonte, leí como el autor del recetario culinario la describía de esta manera: … “Y sobre este perfumado condumio se vierten los huevos someramente batidos.” Uno de los ingredientes de la tortilla son las criadillas. A mí me parecen un componente no apto para mis papilas gustativas pero, la receta estaba tan magníficamente aderezada de poesía, que el citado condumio era preciso probarlo. Hoy al leer tu entrada, pensé que no es cierto aquello que dicen de que el amor y la muerte son los grandes y únicos temas de la literatura, a veces, la receta de una tortilla y lo que tú has escrito hoy , querido Cartea, es para degustar. El arte tiene sus límites, pero la imaginación no tiene ninguno. Felicidades.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>