Todolos artigos de: cafebarbantia

Compostela, territorio fotográfico

Denís-EstévezPilar Sampedro. Para conmemorar os 25 anos do CGAC, iluminouse Bonaval cun traballo de Javier Riera. Unha proxección de luz, filtrada con motivos xeométricos, sobre a vexetación. A noite foi intervida polos reflexos que se pousan e transparentan as masas arbóreas. Porque o CGAC expándese no exterior, amplíase ao parque, vai cara a fóra. Seguir lendo Compostela, territorio fotográfico →

E como se chama o meniño?

post_nombres-bebesMarina Losada Vicente. O home di que ás mulleres lles chove. Sendo así, como unhas persoas se mollan e outras non? De poder ter un “modernómetro”, como lle chama a filla, non sería quen de predicir a que nivel chegaría ela. O home non pasaría do menos un, como lle din no hospital ás plantas soterradas, que ese segue como cando nin luz tiñan, capaz de botar un esputo no medio do cuarto. A súa casa é moderna, coma sempre, ou non manda ela en todo? A comida, a limpeza, a roupa… Seguir lendo E como se chama o meniño? →

Galicia e os galegos na poesía castelá CVI. Unha monxa mexicana

poemas-de-sor-juana-ines-de-la-cruzRomán Arén. É ben sabido que nos séculos XVII e XVIII foron abondosos as panxoliñas “de galegos”, é dicir, as escritas por non galegos non só no reino de Castela senón tamén no de Aragón (Segorbe, por exemplo) nos que os galegos son personaxes humildes (con biscaíños, xitanos, negros…) que van adorar o Neno e mesmo os autores remedan a nosa lingua o mellor que saben. As panxoliñas “galegas” e en galego non aparecen en Galicia ata finais do século XVIII e comezos do XIX. E estas panxoliñas non só se cantaban en Nadal, xa que tamén noutras festividades adoitaban escoitarse nas catedrais e igrexas. E esa moda pasou ao Novo Mundo, a América. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVI. Unha monxa mexicana →

Ao abeiro da Atalaia

Porto do Son, unha imaxe urbana marcada polo mar
Porto do Son, unha imaxe urbana marcada polo mar

Pedro García Vidal. O que Porto do Son foi no pasado configura a súa estrutura e fisionomía actual. Na imaxe ollamos unha representación sintética dunha historia de séculos que comeza no momento mesmo da instalación humana neste lugar. No emprazamento elixido -o linde máximo das augas calmas da ría- o mar asolágao todo. Seguir lendo Ao abeiro da Atalaia →