X. Ricardo Losada. Se ten razón Paul Klee (A arte non reproduce o visible, fai visible), este anuario é arte. Facer visibles persoas, acontecementos e documentos que de outro xeito se perderían para sempre no inconsciente da historia é o seu obxectivo máis inmediato. E digo inconsciente, conscientemente. Porque esas persoas, acontecementos e documentos seguirían influíndo no noso comportamento sen dármonos conta e, xa que logo, dunha forma individual e socialmente patolóxica. Seguir lendo Limiar Anuario 2018
Todolos artigos de: cafebarbantia
Decibelios
Agustín Agra. Este día asistín na compaña dun amigo naturalista a unha xornada na illa de Cortegada. O encontro, organizado polo Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, estaba dedicado ao recoñecemento das aves polo canto. Alexandre, o técnico que impartía a sesión práctica, non deixou de abraiarnos cos seus coñecementos Seguir lendo Decibelios
Nicolasa Añón, a poetisa popular
Pastor Rodríguez. Aínda que é unha muller, Rosalía de Castro, a figura principal da literatura galega no século XIX, non son moitas as figuras femininas que cultivaron o galego nese período, e todas son dignas de atención. A pesar disto, Nicolasa Añón Paz, a irmá do poeta Francisco Añón, é un caso diferente, pois non é unha poetisa culta, senón o testemuño mellor que temos da poesía popular, unha fistora, unha escritora sen estudos que, con todo, estaba chea de creatividade. Nacida en Boel, Outes, en 1810, ata 2014 só coñeciamos dúas composicións en galego desta autora, que Lisardo Rodríguez Barreiro nos transmitira en 1890 no seu libro Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia. Seguir lendo Nicolasa Añón, a poetisa popular
Novos gravados rupestres en Abuín

Julián Bustelo Abuín/Víctor Barbeito Pose. No lugar de Abuín, parroquia de Santa María de Leiro, no termo municipal de Rianxo, veñen de acharse novos gravados rupestres, dos cales tivemos coñecemento grazas ao alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños. Os gravados atópanse en dúas lousas independentes que actualmente forman parte dun balado que pecha unha finca de dimensións considerables. Seguir lendo Novos gravados rupestres en Abuín