Román Arén. Que pouco sabemos da literatura venezolana os lectores comúns. Se nos sacan dun vago recordo de Rufino Blanco Fombona e de Las lanzas coloradas de A. Uslar-Pietri, pouco máis sabemos; o que vén amosar que escribir nunha lingua de centos de millóns de usuarios non garante maior difusión. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CV. Unha poeta venezolana: Enriqueta Terán
Todolos artigos de: cafebarbantia
“Famadihana”, a volteadura dos ossos
Alberte Pagán. Nom existe umha teleologia da vida. A nossa existência nom tem mais sentido que a de umha pinga de água caindo na montanha. Mas certas gentes insistem em pregarem desígnios cósmicos para essa pobre gota, convertendo-a em mensageira divina à que se lhe adjudica a missom de regar e fomentar a vida na floresta. Seguir lendo “Famadihana”, a volteadura dos ossos
Borranchos, de Domingo Regueira

Eme Cartea. Hoxe incursionamos na ilusionante aventura dun home que leva na ollada e nas mans a forza inconmensurable e orixinal do Homo artisticus, que dialoga coa vida cotiá sempre experto e habelencioso, dende a cordialidade sensible da Historia, de aquí e de sempre. Seguir lendo Borranchos, de Domingo Regueira
Sedución e incesto
Fidel Vidal. A lei da prohibición do incesto é unha lei propia dos seres humanos. Non están obrigados a ela os faraóns, nin os emperadores e, moito menos, os deuses. Como case todas as leis, tamén esta vén dada desde o poder, o dono dos bens (terras, obxectos ou persoas), desde o amo e señor, co único propósito de suxeitar e someter os máis débiles e necesitados. E de expoñer, sen dúbidas, quen é o que manda. En canto á sedución, a pregunta é: Quen seduce, o adulto ou o neno? A nai ou o fillo? Ou trátase dunha historia entre dous iguais? No entanto, de comezo, existe unha diferenza: “Miña era a copa i o veleno”, acepta Gerda, nai de Hamlet. Seguir lendo Sedución e incesto
