Oliveira Casal. Sitges, o Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya, foi sempre un obxecto de desexo cinéfilo para min. Até este ano nunca puidera saciar a miña ansia en augas de celuloide mediterráneas. Todo acompañou para facer da viaxe unha burbulla de perfección paralela. Seguir lendo Sitges
Todolos artigos de: cafebarbantia
Antonio Basanta. Leer contra la nada
Pilar Sampedro. Poucas persoas poden falar de lectura coa bagaxe acumulada de Antonio Basanta; o que foi presidente da Fundación Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) e hoxe vicepresidente e padrón, leva toda a vida traballando coa lectura, facendo posible a creación de expertos e expertas, construíndo bibliotecas e centros de estudos, casas do lector, publicacións… e todo o que resultaba necesario para a creación da sociedade lectora que tanto el como o fundador de Anaya e da FGSR defendían. Ninguén coma el ten seguido tan de cerca a evolución dos libros e a lectura neste tempo, como demostran os máis de 30 libros educativos relacionados coa promoción da cultura. Seguir lendo Antonio Basanta. Leer contra la nada
Nas portas da África subsahariana
Román Arén. Esta é a historia dunha viaxe a través do Senegal que durou os trinta días de novembro do ano 2016. Levando na mochila unhas cartas comprometidas, o autor visita en primeiro lugar Dakar e Saint Louis, onde residira Antoine de Saint-Exupéry, para despois internarse na cidade santa de Touba e comezar unha adaina solitaria pola sabana africana coa intención de coñecer o País Bassari, onde viven as tribus máis antigas de África Occidental, percorrer a conflitiva rexión de Casamance, cruzar nunha caravana de esfarrapados o río Gambia, antes de mergullarse nas augas convertidas no punto de fuxida dos cayucos, e explorar nos derradeiros días da súa aventura o mosteiro de Keur Moussa, o Lago Rosa e a evocadora illa de Gorée, punto de embarque dos escravos que remataban nas plantacións agrícolas americanas. Seguir lendo Nas portas da África subsahariana
Meigas e marisco
Francisco Ant. Vidal Blanco. En certa ocasión, invitado a unha mariscada en Madrid por mor dun asunto laboral, un dos comensais, diante dunha fonte de nécoras, aseguroulle a Xulio que iso para el debía ser a comida de cada día, polo simple feito de ser galego. Seguir lendo Meigas e marisco