Todolos artigos de: cafebarbantia

Soños escarlata

129d4db765c5620cd7a38d00eb3ad61aAndrea Sanjurjo Martínez. Abril corría ceibe, ceibe coma endexamais o imaxinara. Xa sentía nos poros o doce sabor das nubes, abríase ante ela un novo mundo, cantaba xovial o depenicar das fervenzas encantadas. As plantas acariñábanlle entón as dedas e o sol quecía lene unha caluga inocente que agora recendía a vida, non moito antes infindamente asustada.

Xa algo cansa, decidiu apoiarse nun tronco. Alí reinaba o perfume das flores e envolvíaa a aura da máis tenra ataraxia. Pasou a eternidade escoitando o seu canto. Todo se erixía de novo resplandecente. Xa  non existía o espanto. Seguir lendo Soños escarlata →

Os aventados de Elsinor

eoloFidel Vidal. Hai bos e malos ventos. E hainos terroríficos. Os peores son os improdutivos e destrutivos, os furiosos e baleiros. Mesmo houbo, e seguirá habendo, ventos de antiga raizame. De nome e sona. Por boca de Xesús Pisón (Ei, Feldmülle!, 1991) fala o Vento e proclámase curmán por parte do Nordés de Burela, “mesmo casado cunha filla do Señor Siroco, príncipe dos desertos, que me ensinou o seu asubío”. Seguir lendo Os aventados de Elsinor →

Happy End

happy-end1-223x300Ignacio Castro Rey. Vomitiva á maneira de Thesquare, no “inquietante”. E politicamente funesta, pois Happy End (M. Haneke, 2017) é dogmática no seu nihilismo, facendo un uso sistematicamente perverso das nosas perversións, até agora parciais. Haneke eríxese en xestor da nosa parálise, por iso resulta adorábel nos círculos intelectuais. Á saída da película, a elite europea séntese un pouco mellor, pois ten localizado o mal e ademais está fóra dela, xa que se atreve a nomeala. Todas as longametraxes que lembramos del (Haneke) debuxan o conforto do inferno, ao menos para os que o miramos en panorámica de turista. Seguir lendo Happy End →

Manda testamentaria

escribir_0Marina Losada Vicente. Tendo ido á notaría deixar por escrito o destino dos bens materiais, veño aquí testar sobre o que máis me identifica, a fala, que abriu os camiños todos aos nenos e ás nenas da casa.  Os alalares do berce, aqueles que aínda hoxe acompañan o meu sono, “meu meniño foi ao viño, rompeu a xerra no camiño, pobre xerra, pobre viño, pobre cu do meu meniño“. Seguir lendo Manda testamentaria →