Todolos artigos de: cafebarbantia

Ao Brasil con Noia no retrovisor

9788482887678Xerardo AgraFoxo. Admirado amigo: esta maña solleira fun ao xeriátrico para despedirme de miña nai e, coa cabeza ateigada de temas relacionados co Brasil, debruceime con dúas anécdotas ben curiosas. A primeira ten unha dimensión literaria. Conversando cunha das amables empregadas do centro souben que era de Cotobade. De súpeto veume á cabeza Nélida Piñón. Sabería que esta escritora tiña raíces nese concello? A resposta foi inmediata “É miña prima!”.  E deseguida explicoume algúns pormenores da autora de A República dos soños. Mesmo me fixo unha “encarga” para ela. Seguir lendo Ao Brasil con Noia no retrovisor →

Decano de cátedra

Xoán_Xosé_Fernández_Abella_(AELG)-1Xosé Manuel Lobato. Estrela permanente./Agarimoso porto./Forza e pulo./Permanencia indelébel./Exemplo impar./Vencedora do tempo./Na miña vida, sempre. Arte na composición, dende a xene estilística conquista a erudición para acadar un sofisticado trobar. Xoán Xosé Fernández Abella, poeta por convicción, de profunda formación, realza con cada verso un sofisticado estilo poético. Verso a verso, durante varios lustros, o seu corazón xeneroso foi esa fontela que abrolla fresca na poética de noso. Unha poesía na que o vate é inspirado pola terra nai, unha natura esplendorosa que Xoán sempre defendeu e defende con enérxica e briosa oralidade. Seguir lendo Decano de cátedra →

As certezas do incerto do señor Don Hamlet

35b8a16646c80f055b33f270c1eed977Fidel Vidal. “¿Pode un home, ó mesmo tempo, ser e non ser? ¿Cantos homes son precisos, no escuro, para facer na luz só un home verdadeiro?” Velaí as preguntas sobre as que reflexiona Álvaro Cunqueiro na obra O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (Galaxia, 1958). Cunqueiro non nos presenta o seu Don Hamlet como un señor, senón como o incerto señor. Nin tan sequera, antes ao contraio, o título de príncipe (de Dinamarca) asegura o seu ser como home (de palabra). A certeza do ser non está confirmada. Trátase de alguén inseguro de si mesmo, dun ser variábel. Un toleirán indeciso que toma decisións con acenos de arroutadas. Daquela faise válida unha pregunta: De que escuridade nacen as súas palabras e os seus actos? Seguir lendo As certezas do incerto do señor Don Hamlet →