Todolos artigos de: cafebarbantia

Galicia e os galegos na poesía castelá C. Jovellanos

328x382_v1_jovellanos.Román Arén. O asturiano Gaspar Melchor de Jovellanos (1744-1811), de familia nobre, foi personalidade polifacética: maxistrado, político, dramaturgo, pedagogo, poeta…, un verdadeiro polígrafo. Ministro de Graza e Xustiza, preso en Mallorca de 1801 a 1080, foi membro da Real Academia Española, da Real Academia da Historia e da de San Fernando. Tende a lerse a súa prosa, coñecese ben o seu teatro (a comedia lacrimóxena), e algo menos a súa poesía, ben editada en 1961 por José Caso e estudada non só por este senón tamén por Gerardo Diego e John Polt. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá C. Jovellanos →

As primeiras regulacións na construción das vilas

A Historia. As primeiras.._Pedro García Vidal. Ata o século XIX, só as limitacións de policía poñían límite ao dereito a edificar dos cidadáns. Ata este momento, toda a actividade urbanística, que era netamente municipal xa que o Estado apenas interviña, viña rexéndose por “normas de policía urbana” que regulaban multitude de aspectos moi diversos, entre os que estaban os urbanísticos.A denominada policía urbana comprendía unha serie de cometidos a cargo do Concello, que tiñan directa relación coa seguridade, salubridade, comodidade e ornato das poboacións. Por iso, con respecto ao urbanismo, as normas de policía urbana teñen unha grande importancia. Seguir lendo As primeiras regulacións na construción das vilas →

As tías de Londres

1927_Eugenia_Dunbar_Moose_MaríaMoisés Suárez. Durante toda a miña vida aquel retrato formou parte da sobria decoración do noso comedor provinciano. Conviviu coa miña infancia e a miña xuventude naquel piso que compartiamos maiormente miña nai e mais eu. Lola, a irmá pequena, pasaba a maior parte do ano en Asturias naquel internado e a presencia de papá na casa era testemuñal. Seguir lendo As tías de Londres →

Moitos anos despois…: os libros de Antía Cal

librodosnenosPilar Sampedro. Moitos anos despois, fronte ao público asistente á presentación, Antía Cal tapa a cara nun xesto emotivo; cando o fillo lle fai demanda de descubrirse, afirma: “El tiña que estar aquí”, e ese “el” é o Antón Beiras, que asina con ela o libro. Todo o que ten que ver con Antía e o seu home ten esta carga de afectividade e dignidade que non deixan de sorprendernos. Unha parella que vai da man en todo o importante, ata o punto de que Antía titula as súas memorias Este camiño que fixemos xuntos. Seguir lendo Moitos anos despois…: os libros de Antía Cal →