Galicia e os galegos na poesía castelá C. Jovellanos

328x382_v1_jovellanos.Román Arén. O asturiano Gaspar Melchor de Jovellanos (1744-1811), de familia nobre, foi personalidade polifacética: maxistrado, político, dramaturgo, pedagogo, poeta…, un verdadeiro polígrafo. Ministro de Graza e Xustiza, preso en Mallorca de 1801 a 1080, foi membro da Real Academia Española, da Real Academia da Historia e da de San Fernando. Tende a lerse a súa prosa, coñecese ben o seu teatro (a comedia lacrimóxena), e algo menos a súa poesía, ben editada en 1961 por José Caso e estudada non só por este senón tamén por Gerardo Diego e John Polt. Representante por excelencia da poesía neocláisca e ilustrada, estivo refuxiado en Muros na Guerra da Independencia. Coñezo pouco a súa poesía, pero non está ausente nela algunha alusión galega, aínda que sexa ocasional. Na “Sátira Segunda. A Arnesto” contra a ignorancia dos nobres do seu tempo. Estensa composición de douscentos oitenta e cinco versos, e na que aparece o noso Miño:

…y allí también en torpe mescolanza/vio de mil bellas las ilustres cifras,/nobles, plebeyas, majas y señoras,/a las que vio nacer el pirineo,/desde Junquera hasta do muere el Miño.

Na mesma composición, o verso 244 quizais tamén nos atingue:

“cuál desde Gades a Brigancia el vicio” (é dicir, de Sur a Norte). Brigantia era a capital dos cántabros, que uns sitúan en Asturias e outros en Galicia.

É ben sabido que en España se nos chama despectivamente os “turcos” aos galegos, “polacos” aos cataláns e “checos” aos valencianos. Jovellanos alude aos “polacos”, pero non aos cataláns, porque no século XVIII os “polacos” eran os afeccionados ao teatro de madrid partidarios do Teatro da Cruz, inimigos dos “chorizos” ou partidarios do Teatro do Príncipe. O de turcos, polacos ou checos debe ser posterior.

As “bellas de ilustres cifras” que canta Jovellanos son as putas de Madrid, de todos os lugares de España, ou case todos: Aragón, Galicia, Andalucía, Valencia.

Outra alusión pode ser “Limia” no verso douscentos dous:

Admiran su solar el alto Auseva, Limia, Pamplona o la feroz Cantabria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *