Román Arén. Na orixe, o vilancico, que vén de vilán, é unha canción popular, de entre tres e cinco versos, con temática profana que logo os poetas cultos glosan por medio dunha estrutura que parte do mote popular, ao que se engaden as mudanzas, un verso de enlace e un verso de volta ou retrouso que rima co vilancico popular. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXV. Teresa de Xesús. Vilancico con “Gallejo”.
Todolos artigos de: cafebarbantia
Raimundo Patiño a propósito do Día da Ilustración 2022
Pilar Sampedro. O Día da Ilustración forma parte das datas sinaladas no Calendario do Libro e da Lectura. Celébrase o 30 de xaneiro, conmemorando o nacemento de Castelao.
Cada ano, a consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a iniciativa en colaboración coa AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). O obxectivo é lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural ao tempo que se homenaxea, en cada ocasión, unha ilustradora ou ilustrador histórico galego. Seguir lendo Raimundo Patiño a propósito do Día da Ilustración 2022
Poesia composta por um computador
Alberte Pagán. A minha adolescência estivo marcada pola leitura dos livros de Star Books. A editorial barcelonesa Producciones Editoriales, fundada em 1970, publicava bandas desenhadas, ficçom futurista e novelas de vaqueiros, mas com o nacimento da sua coleçom Star Books em 1975 derivou definitivamente cara à contracultura. Star Books sacou à luz 36 livros entre 1975 e 1982. En la carretera (Jack Kerouac) foi a publicaçom inaugural, e grande parte dos seus esforços centrárom-se na traduçom e publicaçom, em muitos casos por primeira vez, da literatura Beat e adjacentes (Allen Ginsberg, Gregory Corso, William Burroughs, Neal Cassady) assi como de outros escritores contraculturais, psicodélicos e rebeldes como Timothy Leary Seguir lendo Poesia composta por um computador
A percha como modelo
Fidel Vidal. A percha, do francés perche ou do catalán perxe, vén ser un pau, unha vara que, co tempo, deu en se converter nun aparello onde colgar a roupa. Roupa noutrora para protexernos das calamidades do tempo e hoxe en día mudouen necesidade de a lucir e cambialacadatemporada. Maiormente tras as pautas que marca o poder que posúe as “marcas”, as patentes, nós vamos seguir o que mande a propaganda ao respecto, polo que nos van tocar as réplicas, as copias, mesmo as pirateadas. Seguir lendo A percha como modelo