Todolos artigos de: cafebarbantia

A conclusión do espello

guitar-case-485112_960_720Antón Riveiro Coello. Con oito anos, un amigo e mais eu percorriamos os bares da vila cantando panxoliñas. A xente metíanos cartos na caixa da guitarra. A música era un negocio redondo. Máis adiante, xa de mozos, disfrazámonos de mimo e ocupamos a rúa para tocar uns segundos cando nos botaban algo. A idea só era impresionar, pero o espectáculo, sen pretendelo, virou en algo lucrativo Seguir lendo A conclusión do espello →

Galicia e os galegos na poesía castelá XCIX. Unha cubana: Reina Rodríguez

elpianormr1Román Arén. Reina María Rodríguez, habaneira de 1952, licenciada en Literatura Hispanoamericana e editora da revista <Azoteas>, comezou como poeta en 1975 con La gente de mi barrio, para publicar logo outros trece poemarios. Gañadora do Premio Casa de las Américas en 1984 e 1998, en 2014 foi Premio Pablo Neruda, pero xa gañara en 2013 o Premio Nacional de Literatura, entre outros galardóns. Os seus poemarios máis recentes son Variedades de Galiano (2008) e El piano (2013). A presenza dos galegos en Cuba foi grande, e iso tiña que ter pegadas na literatura da illa, e así o manifesta tamén a poesía de Reina Rodríguez: no seu poemario de 1975 o texto “Doña Felicia” contén alusións a Galicia. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCIX. Unha cubana: Reina Rodríguez →

Un principio ben contado

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. De tantas películas que se fixeron sobre indios e vaqueiros, aínda a ninguén se lle ocorreu contarnos como chegaron os cabalos e as vacas ao oeste americano. Ou como entraron en California os cítricos e as vides. Non é que as películas do oeste non sexan interesantes, pois poucas veces os westerns abarcaron tantos ámbitos sobre a condición humana en comparación con calquera outro xénero Seguir lendo Un principio ben contado →

Dueto para crianzas

guadalupe-rianxo_img1632n1t0Xosé Manuel Lobato. (Pregúntasme pola miña fuxida/e respondo que estaba ferida… Diana Pastoriza). No pórtico outonal/o solista rexeita a coral,/para dende o seu altar/ensaiar sen cesar.// Nas lembranzas, no recordo profundo e intenso, no meu maxín danado, permanece latente o ritmo acompasado e por veces afinadiño da festa.//Dende o seu pedestal/sonoriza todo o val,/goza da súa soidade/afeito á comunidade.//Por iso, dende este afastado e inmenso Lugar, quero compartir con todos vosoutros, rianxeiros e rianxeiras (na miña experiencia vital, efémera adopción) a miña memoria festeira.//Visible elegancia/brillante arrogancia,/para interpretar con paixón/o que latexa no corazón. Seguir lendo Dueto para crianzas →