Pastor Rodríguez. A fotografía é de 1969 e a pétrea efixie do creador do esperpento está humildemente pegada ao chan da Curotiña con cemento. No camiño perdeu o pedestal, e antes foi expulsada dos xardíns de Pontevedra, onde se atopaba dende 1936. O alcalde da boa vila pontevedresa, Juan Argenti, non gustaba do autor das Sonata,s e quizais tampouco do creador deste busto primitivista, neorrománico, Benito Prieto Coussent, quen estivera ao estoupar a guerra no cárcere. E así agasallou a Pobra en 1954 coa estatua, que chegou a esa vila por mar, e que estivo tirada a carón da lonxa vella ata 1960. Seguir lendo Lances dun busto
Todolos artigos de: cafebarbantia
Quedou falado
Agustín Agra. ─Quedou falado, dixo Pepe, que ata o de entón, e contradicindo o seu costume, acalara toda a noite a súa verba incandescente. Quedou falado, foron as súas únicas dúas palabras, e a longa conversa rematou. Nada máis se dixo. Quedamos enmudecidos, co silencio enseñorado da mesa. As palabras ficaron presas, fosilizadas, á espera de que as fáciles sentenzas que pronunciaramos puidesen demostrar a súa veracidade. Seguir lendo Quedou falado
Poemas asasinos
X. Ricardo Losada. Hai días que escollo ás cegas na miña biblioteca persoal un libro de poesía, ábroo ao azar, aprópiome do primeiro poema que apareza e lévoo a pasear comigo. Se é moi curto, memorízoo; se é extenso, escríboo a man nun papel. O outro día levei este poema de Manuel Antonio: “Os habitantes d´a cidade que o / arquiteuto leva n-a cabeza / viven n-o planeta que non des- / cobriron os astrónomos”. Seguir lendo Poemas asasinos
Nostalxia
Fidel Vidal. “A nostalxia é unha tristeza invencible que se enseñora da alma”, di Carlos Gurméndez (Dez sentimentos clave, FCE, 1997), “derivada do sentimento de melancolía que crea a amada perdida, os amigos distantes ou a morriña da terra deixada tralo inabarcable horizonte” (p.48). Seguir lendo Nostalxia