Fidel Vidal. Carlos Gurméndez (1916-1997), filósofo ligado a Galicia, á comarca do Barbanza, particularmente a Rianxo e Rafael Dieste, autor recordado por O segredo da alienación ou Crítica da paixón pura, durante a súa estancia en París relacionouse con Jean-Paul Sartre e Simone de Beauvoir. Nesta obra, Dez sentimentos clave (FCE, 1997), ábrense as portas á reflexión e mesmo -como quen acaricia e modula os conceptos- ao gozo doutros tantos tons que nos mergullan nos alicerces emocionais da psique humana. Un libriño inspirado e inspirador que vai batendo teclas, desde o Amor ao Odio e da Tenrura até a Melancolía. Seguir lendo Dez sentimentos clave, de Carlos Gurméndez
Todolos artigos de: cafebarbantia
De máquinas e homes
Antón Riveiro Coello. Marvin Minsky, o pai do termo “intelixencia artificial”, adiantaba hai ben anos que as máquinas poderían facer calquera cousa que fagan as persoas, porque as persoas non son máis que máquinas, iso si, moi evolucionadas. O seu agoiro non está lonxe de se cumprir e non vou ser eu quen lle tire a razón Seguir lendo De máquinas e homes
Galicia e os galegos na poesía castelá XCVII. O gran inimigo! Góngora
Román Arén. Luis de Góngora e Argote (1561-1627), cordobés, é un dos grandes poetas barrocos de Europa e, sen dúbida, o inimigo máis asañado de Galicia en poesía. Servil cos nobres galegos e brutal con Galicia. Foi un galego, bispo da súa cidade natal, Antonio Mouriño de Pazos e Figueroa, quen o ordenou de maiores en 1584 e a quen lle dedicou un soneto; o outro galego co que estivo relacionado foi o famoso Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, protector de Cervantes, a quen visitou en Monforte arredor de 1609 e ao que lle dedicou o poema “Al Conde de Lemus Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCVII. O gran inimigo! Góngora
O meu mundo, o mundo
X. Ricardo Losada. Unha das razóns de que desconfíe das bonanzas da lectura é a arrogancia que sempre mostraron os grandes filósofos e escritores ao longo da historia, esa facilidade coa que pasan de Isto é o que eu considero bo, verdadeiro ou fermoso a Isto é o que todo o mundo debe considerar bo, verdadeiro ou fermoso. Seguir lendo O meu mundo, o mundo