César Alen. De entre todos o meu favorito, sen dúbida, é o de Crates o Cínico, unha verdadeira obra mestra. Un relato que nos achega, que nos coloca diante mesmo da Grecia dos estoicos, disciplina que tanto achegou a recoñecidos filósofos como Epicuro, Seneca ou Ciceron. Crates foi discípulo do coñecido Diógenes. O episodio transcorre en Tebas. Crates asiste a unha obra de Eurípides. Seguir lendo Sobre as lendas (III)
Todolos artigos de: cafebarbantia
Sobre as lendas (II)
César Alen. Atopeino na idade xusta, adecuada, a piques de zozobrar na dispendiosa puberdade. O certo é que non recordo como chegou ás miñas mans, algún amigo adiantado, un profesor cultivado. O importante é que descubrín as Vidas imaxinarias de Marcel Schwob, edición de peto (Bruguera-libro amigo) que ben soaban esas palabras e que certeiras. O libro ofrecíame a súa amizade, non a súa mercadoría, a súa amizade, moi afastado do exacerbado mercantilismo actual. De todos os curtos relatos extraín un enorme coñecemento. A simple lectura dos títulos transportábame a mundos mitolóxicos, antigas lendas, probables verdades. Seguir lendo Sobre as lendas (II)
Sobres as lendas (I)
César Alen. Non lembro, non teño certeza de acceder a ningunha lenda ou mitoloxía, nin sequera contos na miña infancia. Quitando, está claro, os estritamente educacionais, catequísticos. Os que se utilizaban para dobregarnos, para tentar reconducir as condutas infantís, as innatas propensións á rebelión. O home do saco viría buscarnos se non obedeciamos cegamente aos pais, o saca manteigas, e que dicir da patética santa compaña, só tolerable nunha Galicia atrasada e absurda. Seguir lendo Sobres as lendas (I)
Anibal e a Pintora, de Xabier Paz
Xerardo AgraFoxo. Esta novela está baseada nun feito real, pero antes de explicalo convén saber como se reconstrúe o seu argumento. A obra está alicerzada a partir de tres vértices: Anibal, un profesor de matemáticas que vive nas marxes da sociedade (“A súa misantropía gardaba soterrado un pasado lacerante”), Ela, a Pintora, protagonista dos seus papeis e das súas obsesións, e o narrador da historia (“que conta o que sucedeu logo de morrer o meu amigo Anibal Moreda”). A través destes tres eixos coñecemos a vida de Ela, Artemisa Gentileschi, a pintora italiana violada un día de maio do ano 1611, cando só tiña dezasete anos, por Agostino Tassi, un amigo do seu pai, que se comprometeu a casar para que a moza evitara a vergonza pública. Seguir lendo Anibal e a Pintora, de Xabier Paz