Todolos artigos de: cafebarbantia

Das augas de Carballo ao Pazo de Meirás

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Fidel Vidal. O feito de se atopar no estranxeiro cun veciño ou escoitar música da casa, resulta sorprendente ao tempo que agradable. Iso pasoulle a Emilia Pardo Bazán no percorrido de xornalista pola Exposición Universal de París de 1889, ao dar cun nome ben coñecido dela: “Leo con estremecemento de grata sorpresa: ‘Augas minero- medicinais de Carballo, provincia da Coruña’. Seguir lendo Das augas de Carballo ao Pazo de Meirás →

Galicia e os galegos na poesía castelá XCVI. Juan del Enzina

juan-del-encinaRomán Arén. Figura capital na fin da Idade Media, na música e na poesía, foi Juan del Enzina ou Juan de Fermoselle, nacido en 1468 e que morreu arredor de 1530. Estivo en roma no séquito dos papas Alexandre VI, Xlio II e León X. Tras visitar Xerusalén, volve a España en 1521. A súa poesía foi cousa de mocidade, pois o seu Cancioneiro editouse en 1496, aínda que logo coñeceu ata 1516 outras cinco edicións. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCVI. Juan del Enzina →

De froitos e gustos

FESTIVAL NOITES DE JAZZ 2018-Cartel defAntón Riveiro Coello. Ás veces, como por arte de maxia ou polos misterios do azar, as musas parecen asentarse nun determinado territorio e danlles a algúns dos seus habitantes azos e habelencia para a escrita, a música ou o deporte. Así, lugares aparentemente pequenos como Padrón, Mondoñedo ou Celanova son quen de fecundaren almas sensibles que cantan a terra e a paisaxe nos seus versos. O caso de Rianxo supuxo un fito importantísimo, porque esta fermosa vila é berce de grandes escritores que sementaron o herdo dunha xenética que aínda hoxe segue a dar os seus froitos. Poderíase dicir que nesta vila hai literatura para todo un país. Seguir lendo De froitos e gustos →