Román Arén. Lorca, Federico (tivo un irmán tamén poeta, Francisco), é un dos grandes poetas da lingua castelá e como tal xera unha bibliografía enorme. Hai anos que non lía toda a súa poesía, cousa que remato de facer agora con Diván del Tamarit, que se considera a súa derradeira obra poética, que non se publicou completa ata 1938 en Bos Aires, da man do cuñado de Borges, Guilermo de Torre. Eu manexo agora a edición de Cátedra (2018), a cargo de Pepa Merlo, que xa coñecía pola súa antoloxía Peces en la tierra. Antología de mujeres poetas en torno a la Generación del 27 (Sevilla, 2010) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCII. Lorca, sempre Lorca (I)
Todolos artigos de: cafebarbantia
Rebeldía contra a suba de impostos
Antón Rodríguez Gallardo. A historia da nosa comarca é abondosa en movemen-tos de rebeldía veciñal contra o que se entendía eran abusos de poder. A maioría estaban vinculados ao pago de impostos, fora dun xeito directo ou mesmo indirecto, caso do episodio sucedido en Boiro na pri-mavera de 1932, cando un numeroso grupo de persoas se rebelaba contra as contas do concello. Seguir lendo Rebeldía contra a suba de impostos
A psicoloxía infantil e a nova educación, de Jean Piaget
Fidel Vidal. Jean Piaget (1896-1980) prohibira que ninguén entrase no seu despacho, maiormente os encargados da limpeza, porque llo “ordenaban”, en especial os libros espallados pola mesa. Quer dicir, que o desordenaban segundo o seu criterio e forma de traballar. Debemos diferenciar a orde natural, aquela que vén dada polas necesidades do labor no que se anda (e pode ofrecer unha primeira imaxe de desorde), da orde artificial, establecida por razóns dunha certa colocación depen-dendo do alfabeto, das materias ou mesmo das cores. Dicir o nome Piaget é mencionar un auténtico sabio, unha das máximas autoridades en psicoloxía infantil, particularmente no que se refire ao desenvolvemento da intelixencia Seguir lendo A psicoloxía infantil e a nova educación, de Jean Piaget
Biografías de mulleres notables para a infancia
Pilar Sampedro. As rapazas precisan modelos de mulleres que ocupan o espazo público ao longo da Historia, mulleres que se adiantaron ao seu tempo e son espellos nos que mirarse as nenas de hoxe. Esas mulleres foron invisibilizadas no pasado, polo que debemos facer o esforzo por mostralas na actualidade. A iso responden certas selos de libros dirixidos á infancia. Seguir lendo Biografías de mulleres notables para a infancia