Xoán Guitián. Ando a reler textos de Frei Martiño Sarmiento que coñezo de vello, e canto máis os leo máis medra a miña admiración pola figura e a obra do autor. De Sarmiento sorpréndenme moitas cousas: o seu saber enciclopédico, a súa curiosidade inesgotable e a súa capacidade de traballo. Seguir lendo A voltas da man de Martiño Sarmiento
Todolos artigos de: cafebarbantia
Teatro nos límites do poema
Eme Cartea. Na butaca, a máis recente obra de Esther F. Carrodeguas, polifacética rianxeira que deambula entre as letras, o audiovisual, o teatro e o activismo cultural. Un libro arraiano onde o código se mantén baixo sospeita. Formalmente, poema gráfico (tipográfico) máis ca visual -caligrama-. Pero, tamén, teatro poético ou poesía dramática intercalada de pausas, silencios e imaxes onde o escatolóxico e o xogo atrapan o espectador nesa conciencia feminina e dorida que esquece. Na orixe, Unha tirada de dados…, de Mallarmé, que inaugura a espacialización do texto, a páxina como espazo plástico, a iconicidade da escritura, ou o contraste das tipografías. Seguir lendo Teatro nos límites do poema
Pedro Garfias
Fidel Vidal. En 1967 morría en Monterrey (México) o poeta español Pedro Garfias. “Os seus restos están enterrados nesa capital baixo unha lápida que, ademais do seu nome e as datas de nacemento e morte, reproduce os dous primeiros versos dun poema escrito nunha `servilleta de bar’, encontrada no seu cuarto: La soledad que uno busca/ no se llama soledad;/ soledad es el vacío/ que a uno le hacen los demás. Fixen caso de Pedro Garfías, poeta que navegou polo ultraísmo, ao ler o seu nome da man de Auxilio Lacouture na novela Os detectives salvaxes de Roberto Bolaño (Anagrama, 1998) Seguir lendo Pedro Garfias
Un Nobel para Lorca

Francisco Ant. Vidal Blanco. Se se me pide que apoie coa miña sinatura a solicitude dun Nobel póstumo para Lorca, asinarei con DNI incluído, máis por amor lorquiano ca por realidade literaria. Cos Nobel de literatura e cos Día das Letras Galegas teño os meus máis e os meus menos. Seguir lendo Un Nobel para Lorca