A voltas da man de Martiño Sarmiento

BE26C4F1_22556Xoán Guitián. Ando a reler textos de Frei Martiño Sarmiento que coñezo de vello, e canto máis os leo máis medra a miña admiración pola figura e a obra do autor. De Sarmiento sorpréndenme moitas cousas: o seu saber enciclopédico, a súa curiosidade inesgotable e a súa capacidade de traballo. Gústame especialmente o Sarmiento viaxeiro. De Galicia sabía moito, de historia, de lingua, de botánica, de xeografía, coñecementos adquiridos logo de percorrer en diversas ocasións o país, cidades e vilas, camiños e montes, á procura de respostas ás súas inquedanzas científicas e culturais.

Nalgunha desas viaxes que imaxinamos incómodas e esgotadoras (pénsese nos medios de transporte do século XVIII) tivo ocasión de visitar a península do Barbanza e a ela dedícalle textos de enorme interese. Imos reproducir algúns parágrafos pertencentes ao volume V da súa Historia natural nos que fai referencia a cuestións arqueolóxicas relacionadas coas terras do Barbanza:

«Los antiguos enterraban los muertos en sitio determinado fuera del lugar. Quando los quemaban debía ser á dos millas fuera también del lugar y por que las cenizas se guardaban también en una urna u olla cineraria, que enterraban y amontonaban mucha tierra encima, formando un túmulo o pirámide de tierra, llamaron a aquel sitio de las ollas cinerarias ollarios. Si eran sepulcros, (les) llamaban monumenta.

»De eso ha procedido el que haya en Galicia hoy tantos lugares o sitios con el nombre de Oleyros. No porque allí se fabricaban ollas como crei y creeran casi todos sino porque allí se colocaban las ollas o urnas cinerarias. Si el lugar era de sepulcros formados, aludiendo al latin monumentum le llamaban Monumenta: pasó a Monimenta y ese es el origen de Moimenta, nombre de muchos lugares de Galicia.

»A los túmulos de tierra en donde están enterradas las ollas cinerarias llaman en Galicia mámoas, de mámula y mamma, que significa teta por representar un peñasco como teta.

Referencias á toponimia

Oleiros, Moimenta, Carreira, Artes, catro evidentes referencias á toponimia e ao patrimonio arqueolóxico da nosa península no que Sarmiento centrou a atención nas súas viaxes ao país.

Aprender a andar o país con respecto, con curiosidade e cos ollos abertos: velaí a lección que nos chega desde o século XVIII da man, unha vez máis, de Martiño Sarmiento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *