Xerardo AgraFoxo. En cada cidade podemos mercar produtos relacionados coa súa comarca. Como o país ten una longa tradición vitivinícola nas tendas exhiben tintos de Melnik ou caldos do Val das Rosas. Tamén son reclamados polos viaxei-ros tecidos, cerámicas e bordados, tallas de madeira ou traballos de metal. Un produto moi demandado é o aceite que se extrae dos derivados da rosa damascena, así como perfumes e cremas de beleza. Seguir lendo Amargos souvenirs
Todolos artigos de: cafebarbantia
As e Os=?
Patricia Torrado Queiruga. Nese mesmo momento acababa de decatarse de todas as cousas que no mundo nos diferencian. Dun xeito tan sinxelo como saír dun concerto fermoso, no que a vocalista se dirixiu ao público soamente de xeito feminino. Á saída, el dixéralle que o concerto fora impresionante, pero que lle molestara un pouco que só se referise ás mulleres. Seguir lendo As e Os=?
O neno e o verán
X. Ricardo Losada. Teño rituais que me gusta celebrar en soidade en datas moi concretas do ano, e que adoito relacionar con lecturas. Un dos que máis me enche é o da chegada do verán. Vou á praia de Tanxil, a da miña nenez, e leo algún texto sobre o verán que me guste especialmente. Este ano, o capítulo 2, En la playa, dese marabilloso libro de Julián Ayesta titulado Helena o el mar del verano que atopei de casualidade Seguir lendo O neno e o verán
Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (II)
Román Arén. La romera de Santiago ten tamén protagonista galego, o criado Relox. O conde, o seu amo, gaba o campo galego (locus amoenus) pero o criado interésase por Ribadavia, o “rei dos viños”.
Escarmiento para el cuerdo amosa un criado galego que ridiculiza a súa etnia e o seu país, onde ata pon a súa nai por puta: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (II)