Todolos artigos de: cafebarbantia

Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (I)

Tirso_de_MolinaRomán Arén. O caso de Frei Gabriel Téllez, Tirso de Molina (1548-1648), é especial polo número de obras teatrais de tema galego e porque os seus panexiristas galegos, os compañeiros de orde relixiosa, a da mercé, os padres Gumersindo Placer e Luís Vázquez Fernández, sosteñen que a súa visión de Galicia é, en xeral, positiva. Engádese a isto que debeu coñecer ben o oriente de Galicia e, aínda con intencións paródicas, o seu dominio do galego foi mellor có de todos os seus contemporáneos non galegos; así, Xosé M.ª Álvarez Blázquez inclúe un poema de Tirso na súa escolma de poesía galega. Hai acordo tamén en que foi o mercedario un dos tres mellores dramaturgos do Século de Ouro. O mesmo sostén (“o especial aprezo que Tirso de Molina tiña por Galicia”) Caramés Martínez. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (I) →

100 fotografías de Juan Rulfo

image_1165_1_71574Fidel Vidal. Cando unha estudosa e admiradora de Juan Rulfo, Cristina Rivera Garza (autora da extraordinaria e inesquecible novela Ninguén me verá chorar), reivindica un Rulfo menos rural e máis de cidade, o seu Rulfo (Había moita brétema ou fume o non sei que, Random House, Barcelona, 2017) ao comprobar “en varios dos seus escritos o moito que Rulfo padecía e gozaba a Cidade de México, á que chegou como migrante, e como tal creo que o abraiaba e o apesaraba”, pola miña banda teño a ben abrir e repasar o álbum de fotos en branco e negro que o autor mexicano ten publicado.  Seguir lendo 100 fotografías de Juan Rulfo →

Epidemia de cólera en Porto do Son en 1854

BY25C4F3_205130Manuel Mariño del Río. En boa parte do século XIX reduciuse notablemente a mortalidade, constituíndo un dos elementos que sinalaban o camiño cara á modernidade. Malia todo, como deixaron escrito varios autores, seguíanse coñecendo algunhas epidemias mortíferas, situándose o cólera en primeiro lugar entre as mesmas.  Seguir lendo Epidemia de cólera en Porto do Son en 1854 →

A cerca de santo Antonio

BJ10C8F3_205233Francisco Ant. Vidal Blanco. Díxoo o Papa e iso vai a misa: Santo Antonio non é de Padua, senón de Lisboa, e se eu fose portugués tamén estaría contento de que por fin se recoñeza unha verdade en favor da que tantas veces a diplomacia e o chauvinis-mo luso ergueron os seus estandartes, reclamando e sinalando a casa onde naceu Seguir lendo A cerca de santo Antonio →