Todolos artigos de: cafebarbantia

Desequilibrio hormonal

depositphotos_67306117-stock-illustration-coloring-book-fever-man-cartoonX. Ricardo Losada. Publiquei un texto neste café no que, parodiando un relato en que Borges di que se escribísemos hoxe o Quixote tal cal o escribiu Cervantes sería un libro distinto, transcribía unha historia de amor de Magdalena ao seu marido J. Manuel como se fose miña, e concluía que, dese xeito, J. Manuel e eu seriamos homosexuais. Magdalena leullo ao marido mentres ían no coche ao hospital e, entrando polo Caramecheiro, J. Manuel berrou: Que?!!! Seguir lendo Desequilibrio hormonal →

O bigote de Menjou

adolphemenjou6x8Fidel Vidal. A historia amósanos un catálogo variado de mostachos que funcionan como auténticos identifi-cadores persoais. Lembremos os de Stalin ou Pancho Villa, e os gloriosos de Nietzsche, Flaubert e Mark Twain; e bigotes espectaculares estilo Dalí, ou ridículos coma o de Hitler; de respecto sen estriden-cias, Pessoa, Joyce, Faulkner, ou rotundos sen presunción como Freddy Mercury. O cine tamén conta cunha longa lista: Fu Manchú, Charlot, Groucho Marx, Cantinflas, Clark Gable, Errol Flynn ou Charles Bronson. Seguir lendo O bigote de Menjou →

Para que serven os fósiles?

BY25C4F3_205432
Na imaxe pode verse un fósil de amonites cuxa cuncha se converteu en pirita

Fernando Losada Rodríguez. Hai 440 millóns de anos, a finais do período Ordovícico, o noso planeta Terra era moi diferente. Mentres que en terra firme só había plantas sinxelas e fungos, nos mares abundaban os trilobites, uns invertebrados de patas articuladas moi diferentes dos seus parentes actuais, crustáceos e insectos. Seguir lendo Para que serven os fósiles? →