Todolos artigos de: cafebarbantia

De rogativa

Santo-en-procesión-hasta-el-diqueDomingo Regueira. A seca era apocalíptica. Deixaron de verter as fontes, os ríos e ata o piche da Canle, que proviña dunha mina, deixou de pingar. Non había con que lavar a louza, a roupa nin as pernas. Os carrizos non cantaban e a xente mexaba en pingas. O  presidente da comunidade de reghantes convocou os labregos para falar co cura e saír en rogativa ao río de Xestido. Seguir lendo De rogativa →

Vestidas para un baile en la nieve, de Mónika Zgustova

9788417088149Xerardo AgraFoxo. Hai libros que dan medo. Por tanto, se estás en horas baixas, non leas este. Nel cóntase a historia de nove mulleres vítimas dun tempo marcado polo horror. Nove mulleres que a autora entrevistou –­en Moscova, Londres ou París– para coñecer as súas experiencias nos cárceres dun réxime ominoso. Entre elas destaca a peripecia de Ariadna Efrón, a filla da poeta Marina Tsvetáieva, confinada coma unha asasina nunha prisión preto do Polo Norte. Tamén é arrepiante o relato de Irina Emeliánova, a filla de Olga Ivínskaya, a amante de Pasternak e inspiradora da Lara Antipova n´O doutor Zhivago. Por tal complicidade co Premio Nobel, Olga foi detida unha noite do ano 1949, e, logo de abortar nun depósito de cadáveres, levárona unha tempada ao inferno. Seguir lendo Vestidas para un baile en la nieve, de Mónika Zgustova →

Outra biografía memorable

Manuel-AntonioAntón Riveiro Coello. Dende o 2005, cando X. Ricardo Losada nos entregou a frescura dun libro con miniaturas antolóxicas como foi O xene da chuvia, veño teimando na firme idea de que estamos diante dun autor de altura, diferente, único. Poucos son quen de converter a filosofía nun discurso narrativo e facer xurdir desa mestura un xénero novo, como fai este escritor de Rianxo, capaz de forzar en nós o pensamento e adobialo cunha intelixente ironía. Non hai moito recomendaba aquí a biografía memorable e rigorosa que Axeitos fixo de Manuel Antonio, e parecía difícil dicir algo novo sobre un dos referentes máis orixinais da nosa literatura. Seguir lendo Outra biografía memorable →