Fidel Vidal. Son os anos setenta do século pasado onde transcorren os feitos e os soños deste libro (Ornela Vorpsi, O país onde ninguén morre, Lumen, 2006), nos tempos da brutal ditadura de Enver Hoxha, contados por unha nena duns doce anos: “A historia dun soño dunha moza albanesa que quere fuxir do pesadelo da infancia e da adolescencia: a historia do horror de vivir naquela Albania” (do Limiar de Enrique Vila-Matas). Ornela Vorpsi, nacida en Tirana en 1968, fotógrafa e pintora, exiliada e residente en París desde 1997, dedicou este libro –unha sorte de relato sociolóxico dunha comunidade marcada polo machismo e a represión- á humildade: Dedico este libro á palabra “humildade”, un vocábulo que non existe no dicionario albanés. Seguir lendo O país onde ninguén morre, de Ornela Vorpsi
Todolos artigos de: cafebarbantia
Marzo de Muller. Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIXG) pola Igualdade
Pilar Sampedro. Quixera continuar falando desas Rapazas tan respectadas por Agustín Fernández Paz e outros autores e autoras da nosa literatura. Quixera mostrar unha homenaxe a esas Rapazas da maneira que eu podo facer, é dicir, recollendo algúns dos libros que, ao meu parecer, usaron unha perspectiva de xénero no tratamento da muller. Un traballo que poida servirlles ás persoas mediadores de lectura e LIXG para seleccionar os fondos das súas bibliotecas, para mostrarlles á rapazada e para ler e reflexionar onde haxa ocasión de facelo. Marzo de Muller, vén sendo iso, unha oportunidade para avanzar na acción positiva que as rapazas necesitan para lograr a igualdade que se busca dende a noite dos tempos. Seguir lendo Marzo de Muller. Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIXG) pola Igualdade
Partido dopamínico
X. Ricardo Losada. Di E. Kolbert que a xente experimenta auténtico pracer –unha onda de dopamina no cerebro- ao procesar información que confirma as súas crenzas. O cerebro tende a filtrar os datos que recibe aceptando os que concordan coas súas ideas e ignorando os que as contradín.Calquera logro do partido contrario é negado. Calquera logro do partido propio, sobrevalorado. Calquera fallo do partido contrario, sobrevalorado. Seguir lendo Partido dopamínico
Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVII. Larra
Román Arén. Recolle Alonso Montero unha frase terrible de Larra que di que o galego “es un animal muy parecido al hombre para alivio del asno”. Tomouna de A. Mosquera, que a reproduciu en <La Ilustración Gallega y Asturiana> no artigo “Los gallegos en Madrid”, de 1879. Para nós Larra é, sobre todo, o autor de artigos de costumes; foi tamén dramaturgo e novelista e recolleu a lenda do poeta galego Macías en El doncel del Enrique el Doliente e no drama Macías, pero a acción non ocorre en Galicia e o noso país é, pouco menos, que unha referencia abstracta. Pero Larra, tan duro cos galegos, foi tamén poeta (pouco) e gozou da protección dun galego, moi poderoso no Madrid fernandino, Manuel Fernández Varela, Comisario da Cruzada, Bula e Excusado, moi vencellado á Pobra do Caramiñal. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVII. Larra