César Alen. Toda novela ten múltiples lecturas, diversos enfoques, e todos igual de lexítimos. En certo xeito, é o propio lector quen acaba dando o significado definitivo ao texto (como ben apuntou o filólogo e lingüista francés Roland Bhartes). A novela Fariña, máis que unha novela é un ensaio xornalístico, ata podería pasar por un libro de historia contemporánea. O seu autor Nacho Carretero fixo un espectacular traballo de recompilación de información. Non escatimou no seu esforzo para indagar nas hemerotecas e sobre todo nos xulgados. Non esquezamos que a maioría dos datos que enchen o libro foron publicados e son de dominio público. Por iso non entendo ese ataque frontal contra o libro. Seguir lendo Fariña e a filoloxía
Todolos artigos de: cafebarbantia
O número pipí
X. Ricardo Losada. Nunca che fun moi partidario de efemérides. Entendo a súa función, pero creo que mostrarnos solidarios, pacíficos ou ecoloxistas un día concreto é demasiado fácil, e a moitos chégalles para xustificarse ante os demais. Pero sendo iso certo, tamén o é que hai efemérides que me gustan. Unha delas, o día do número pi, que se celebra o 14 de marzo (3/14 en anotación anglosaxona), un número que non me estraña que fascine os seres humanos desde a Antigüidade pois indica que a razón entre a lonxitude dun círculo, sexa xigantesco ou anano, e o seu diámetro, é sempre a mesma: 3´14. Seguir lendo O número pipí
Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVI. Miguel de Barrios
Román Arén. Non é moi ampla a nómina de escritores españois xudeus entre a expulsión de 1492 e o século XIX. Os que se poden citar son conversos como Fernando de Rojas ou Tareixa de Xesús. Xa no século XX aparecen algúns nomes, produto de orixe estranxeira que asumiron a condición de españois: Máximo J. Kahn ou Max Aub. Outros, como Bleiberg, eran de liñaxe xudía, aínda que naceran en España, como tamén é o caso de Cansinos-Assens. Un caso diferente foi no século XVII, o de Miguel Barrios, que tivo que refuxiarse en Amsterdam e que tiña por nome verdadeiro o de David Levi. Foi bo poeta e está de novo nalgunhas antoloxías. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVI. Miguel de Barrios
Cuarzo, feldespato… e radon
Jose Lires. A historia dos avances en cien-cia e tecnoloxía está saturada de feitos ines-perados que supoñen un xiro das investiga-cións rematando en descubrimentos cando menos sorprendentes. A mediados dos anos oitenta do século pasado, un operario dunha central nuclear en Pensilvania disparaba todos os dispositivos de seguridade pola alta radiación que emanaba do seu corpo. Seguir lendo Cuarzo, feldespato… e radon