Todolos artigos de: cafebarbantia

O fillo, un conto de Horacio Quiroga

hijo_horacio_quirogaFidel Vidal. Horacio Quiroga (1878-1937), escritor uruguaio de nacemento foi, desde ben cativo, perseguido pola desgraza. Sendo bebé o pai morre dun disparo accidental; con 16 anos presenciou o suicidio do padras-to dun tiro de escopeta; pasado un ano da morte de dous irmáns de febre tifoide, aprendéndolle a manexar unha pistola ao seu amigo Federico Ferrando, escapóuselle un tiro que matou a Federico instantaneamente. Seguir lendo O fillo, un conto de Horacio Quiroga →

O vertedoiro celestial

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Como se todo o ben viñese do ceo e non da terra que pisamos, sempre agardamos que el nos bendiga ou que del nos caia a sorte como o maná daquela vez. Pero iso non soe pasar. Pasou no bíblico deserto, e non sabemos se non sería unha licenza litera-ria coma tantas outras, porque do que do ceo nos pode caer todos temos algunha anécdota que contar, sobre todo se somos de porto de mar. Seguir lendo O vertedoiro celestial →

Os coros da novena, de Fidel Vidal

o andel imaxeAntón Riveiro Coello. Na súa anterior novela, Un asasino felizmente casado, Fidel Vidal xa nos adiantaba o seu talento narrativo e puña o foco sobre dous seres feridos, deitándoos no diván para que nos falasen con franqueza da súa dor, dos conflitos familiares, dos medos, do amor e, sobre todo, da enfermidade e da morte. Nesta nova entrega, Os coros da novena, o autor non se afasta dese camiño e volve situar o lector no mesmo cerne dunha traxedia familiar, con personaxes nada compracentes e duros, porque na escrita do escritor de Ribeira sempre aparece a poderosa sombra do especialista médico que converte en material narrativo unha parte importante da súa experiencia clínica. Seguir lendo Os coros da novena, de Fidel Vidal →