X. Ricardo Losada. Vendo chorar desesperadamente o outro día un neno de catro anos, pensei, co novelista Nicholas Delbanco, que a esa idade, un xa ten experimentado todo o que necesita para escribir ficción: amor, dor, perda, aburrimento, cólera, culpa e medo á morte. Despois recordei unha foto que teño con meu pai (a máis antiga como bípede) na terraza dun bar a esa tenra idade e, como non podía ser doutro xeito nun tipo coma min, decidín comprobar se o apotegma de Delbanco se cumpría na miña propia experiencia. Seguir lendo Neno con vida de novela
Todolos artigos de: cafebarbantia
Exposicións no Barbanza, Anselmo Lamela e os seus arcanos da imaxinación
Pilar Sampedro. O surrealismo vénlle de lonxe a Anselmo Lamela. Anda nel desde os anos setenta do século pasado cando formaba parte do FOGA (Fato de Ounirismo Galego), un movemen-to medio anarco que andaba por Compostela e movéndose por Galicia especialmente polo Salnés. Méndez, Kukas, Silva, Leiro, Seara… formaban parte deste grupo que realizou varias exposicións e performances naqueles tempos. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Anselmo Lamela e os seus arcanos da imaxinación
Percorridos por unha teoría do desexo
Xerardo AgraFoxo. Este libro comeza cun “prólogo (non desexado), que nace da necesidade de explicar as estrañas circunstancias que acompañaron esta novela durante unha década”. Nel conta como unha editorial galega non se atreveu a publicala porque considerou que os relatos eran “escatolóxicos de máis”. Unha circunstancia que, despois de asinarse un contrato, acabou nun Acto de Conciliación no 2015. A obra consta de 14 relatos que se articulan coma pezas independentes pero cunha relación próxima entre eles: están tecidos en lingua galega normativa –algo infrecuente de quen escribe en reintegrado–, contan episodios da súa vida relacionados coas experiencias viaxeiras Seguir lendo Percorridos por unha teoría do desexo
De farsas e farsantes
Fidel Vidal. Non debe ser gratuíto que o nome Amleth derive do antigo termo noruegués que significa idiota ou louco, tramposo, aquel que finxe idiotez. E Hamlet xoga a facerse o parvo, a interpretar un papel na obra: o seu papel dentro doutro papel. Estamos a falar tanto do que encarna na función de Shakespeare como da que escribe o propio Hamlet para, como personaxe, ser interpretado por outro actor. A obra que o mesmo Hamlet deseña e monta, posta en marcha polos cómicos contratados, el é o autor. Ou iso parece, mais nin sequera é o verdadeiro e orixinal artífice do texto, xa que logo non pasa senón de ser un sinxelo transcritor do suceso contado polo pai, polo espectro do pai, levado á escena baixo a súa dirección. Seguir lendo De farsas e farsantes