Román Arén. Diego San José de la Torre (Madrid, 1885) foi un xornalista e narrador moi popular en España dende 1908, cando comezou a colaborar en <El Globo>. A crítica sempre lle recoñeceu gran capacidade “casticista” para recrear o Madrid dos séculos XVI, XVII e XVIII, con algunha incursión no XIX. Tiña axilidade narrativa, sentido histórico e imitava unha lingua “clásica” con moito decoro. Teño isto por certo, aínda que só lle lin unha novela, Cuando el motín de las culpas, mercada nun mercadiño, que é de 1919. outras novelas súas son Doña Constanza (1914), La corte del rey embrujado (1923), Una pica en Flandes (1925) e outra ducia de novelas, ademais de máis de sesenta novelas curtas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXII. Diego San José
Todolos artigos de: cafebarbantia
A brecha
Francisco Ant. Vidal Blanco. Que unha muller guapa atraia diante da pantalla a máis espectadores para ver o telediario ca un home igualmente agraciado, non nos parece raro. Tan afeitos estamos a valorar a aparencia que se nos esquece a función a cumprir, o traballo real polo que están aí. Seguir lendo A brecha
Unha gran vitoria
Antón Riveiro Coello. Non hai semana que non traia a nova dunha pelexa nun campo de fútbol. As máis das veces o conflito xorde entre xogadores ou entre pais que, non contentos co resultado, agreden a algún árbitro que frustra a vitoria dos seus. Seguir lendo Unha gran vitoria
Alén dos Barqueiros
Oliveira Casal. Ás voltas anda no prelo a editorial cántabra Fanes coa primeira novela de Anxo Muíños. Hai un par de anos lemos con deleite literario e ideolóxico “Ulin”, poemario iniciático do autor de Taragoña en edición bilingüe. O personaxe protagonista, Ingemar Westterstrom, non dubida en iniciar unha singradura espiritual e física, de coñecemento e aventura, que o vai vir traendo da Grande Canle do río Gota ás beiras do Teixo. Só tiña saído de Suecia para achegarse ao encontro cos xitanos do mar, os mariñeiros galegos. Seguir lendo Alén dos Barqueiros