Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXII. Diego San José

Diego_San_Jose_de_la_TorreRomán Arén. Diego San José de la Torre (Madrid, 1885) foi un xornalista e narrador moi popular en España dende 1908, cando comezou a colaborar en <El Globo>. A crítica sempre lle recoñeceu gran capacidade “casticista” para recrear o Madrid dos séculos XVI, XVII e XVIII, con algunha incursión no XIX. Tiña axilidade narrativa, sentido histórico e imitava unha lingua “clásica” con moito decoro. Teño isto por certo, aínda que só lle lin unha novela, Cuando el motín de las culpas, mercada nun mercadiño, que é de 1919. outras novelas súas son Doña Constanza (1914), La corte del rey embrujado (1923), Una pica en Flandes (1925) e outra ducia de novelas, ademais de máis de sesenta novelas curtas. Súmese a isto os libros de crónicas, Los hijos del hampa (1910), os contos e zarzuelas, pezas teatrais como El loco (1922) e adaptacións teatrais dos clásicos, como as que fixo de La gitanilla de Cervantes e de Ruiz de Alarcón.

Tamén poeta de raíz modernista en volumes como Rufianescas, Hidalgos y plebeyos (1912) e Libro de diversas trovas (1913). pero chegou a guerra civil e a derrota republicana e Diego San José foi encarcerado na illa de San Simón en condicións moi duras, e desa experiencia naceu o libro De cárcel en cárcel, que non viu a luz ata 1988, grazas a Isaac Díaz Pardo. Dese volume tomo o soneto dedicado a San Simón, onde contrasta as belezas da natureza galega coa dura vida dos presos:

_visd_0001JPG0B19LNave en medio del mar parece anclada / esta isla galaica encantadora, / que del mismo Edén fue desplazada / por la hermosa floresta que atesora. / Cuando el Sol, en espléndida alborada / la suave cumbre de los montes dora, / y es su faz en el agua reflejada / parece que rendido la enamora. / Son mirtos centenarios y laureles / el palio de sus mágicos vergeles, / mas, mirando a los hombres inlibertos / como sombras arrastran la tragedia / del hambre y el dolor que les asedia, / dijérase que es la isla de los muertos.

Diego San José faleceu en Redondela en 1962.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXII. Diego San José

  1. Buenos días, Román: Los autores cercanos ya al siglo XX sospechaban que el arte, definitivamente , o no sirve para nada o sirve para todo (placer y conocimiento). Leyendo esta preciosa poesía, estoy convencida de que el placer, como mínimo, está asegurado. Tampoco dudo del conocimiento.
    Es una satisfacción leer cosas tan bonitas.
    Besiños palmeiráns.

    “He preferido estudiar los libros antes que a los hombres” (Francis Bacon)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *