A brecha

BM10C7F1_16286Francisco Ant. Vidal Blanco. Que unha muller guapa atraia diante da pantalla a máis espectadores para ver o telediario ca un home igualmente agraciado, non nos parece raro. Tan afeitos estamos a valorar a aparencia que se nos esquece a función a cumprir, o traballo real polo que están aí. Sen embargo é tan discriminatorio escoller a unha muller polas súas medidas, como que esa mesma cobre menos salario tendo os mesmos folios para ler co seu compañeiro varón.

A brecha salarial vén sendo unha fenda demasiado profunda. E non só se dá entre homes e mulleres, senón tamén entre mozos e vellos ou entre nativos e inmigrantes, co que se pretende marcar unhas supostas diferenzas que só xustifican unha paulatina rebaixa salarial, como unha poxa á baixa da man de obra. Estes días, debido ao 8 de marzo, o debate céntrase na diferenza entre xéneros, unha diferenza que se mantén a pesares de que moitas mulleres non dubidan en botarlle man e manexar con destreza ferramentas tradicionalmente masculinas. Pero por moi ben que o fagan, números cantan e á vista está que non se paga o mesmo pola man dun varón movendo un alicates ca pola dunha muller, como tampouco se paga o mesmo segundo cal sexa o sexo de quen empuña un micrófono, a pesar dese valor extra que se lle dá á presenza feminina diante dunha cámara, o que ven sendo a outra brecha que non debemos perder de vista, onde a maioría das veces a muller cumpre un requisito de adorno incluso en programas que se din culturais, onde o varón, polo xeral, é o condutor de garabata e ela quen luce escote.

igualdad-hombre-mujerHai uns meses, cando a BBC foi obrigada por decisión parlamentaria a revelar os salarios dos seus empregados, a periodista Carrie Gracie, comprobou como, compañeiros masculinos que facían o mesmo traballo ca ela cobraban máis, polo que decidiu dimitir. E ós poucos días, os seus colegas mellor pagados, acordaron baixarse o soldo co fin, dicían, de reducir a diferenza salarial, algo que ó meu amigo Xulio lle parece unha actitude un tanto hipócrita e egoísta, porque a meta debe ser que a igualdade sexa por arriba e non por abaixo. Pero ¿por que toman agora esa decisión e non lles acordou antes? Xulio, que ás veces é moi mal pensado, e non ve a eses tipos desprendéndose polas boas do que teñen, cre que non o fan por solidariedade, senón por necesidade de imaxe diante da opinión pública; e de contención de posibles renuncias de compañeiras decididas a seguir o exemplo de Carrie, deixando as pantallas sen caras bonitas que ofrecer.

Certamente o mesmo salario desta periodista non se pode comparar co de calquera profesional medio, e menos doutras profesións non tan agraciadas e ben remuneradas, pero aínda así había discriminación e o seu xesto serviu para que hoxe falemos do tema (¿que non pasará nos nosos medios?), aínda que non creo que a súa actitude, protesta e reivindicación vaia repercutir na traballadora dunha conserveira, da limpeza ou do téxtil, que compite en inferioridade, nin creo que ningunha destas acabe marchando da fábrica porque cobra menos ca un home. Non son o mesmo as circunstancias nin as necesidades.

Un comentario en “A brecha

  1. Querido Francisco:
    Leamos a Averroes: “Las mujeres parecen destinadas exclusivamente a dar a luz y amamantar a los hijos y ese estado de servidumbre ha destruido en ellas la facultad de las grandes cosas. He aquí por qué no se ve entre nosotros mujer alguna dotada de virtudes morales; su vida transcurre como la de las plantas, al cuidado de sus maridos”.
    Por la misma época, en el bando contrario, el cristianismo, las mujeres también eran objeto de sospecha. Los padres de la Iglesia llegaron a la conclusión de que la mujer no está hecha, como el hombre, y que por tanto, debe ocupar un puesto subalterno, poco más que una esclava del varón.
    Incluso deliberaron en uno de los concilios si la mujer tenía alma. Ganó la moción que le concedía alma, pero por muy escasa mayoría.
    (En Eclesiastés 42, 14 ) dice: “La mujer cubre de vergüenza y oprobio”. Los padres de la Iglesia amplían estos conceptos con inspiradas metáforas. La mujer es puerta del infierno. Es un ser débil e inconstante, psíquicamente inferior, un hombre malogrado,( las dos últimas frases son de santo Tomás de Aquino nada menos )
    Evidentemente, esta satanización de la mujer sólo puede explicarse si admitimos que la frustración sexual de estos personajes se proyectaba sobre la mujer erigiéndola en chivo expiatorio.
    Quizá sea más correcto denominarla “cabra expiatoria” con permiso de la escuela de Freud”. Libro muy interesante la Enciclopedia Eslava Galán.
    Para rematar, Francisco, diré, que hemos avanzado pero, la cuesta es muy empinada y “cuesta” subirla. Dicen que la fe es creer lo que no vimos, o sea, que es posible que existan los Derechos de la Mujer.
    Besiños palmeiráns, compártelos con tu amigo Xulio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *