Román Arén. José García Nieto (1914-2001) ten a desgraza de ser identificado só como poeta neoclásico, o representante por excelencia da revista <Garcilaso> e un poeta frío e formalista, pero a súa extensa obra, sempre de gran corrección, é máis ca iso, con máis matices, pero aínda así lese pouco e mal. Asturiano, membro da RAE en 1983, o seu legado literario consérvase en Padrón. Comezou como poeta con Víspera hacia ti (1940) e Tú y yo sobre la tierra (1944), para nos cincuenta editar Tregua (1951) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXI. José García Nieto
Todolos artigos de: cafebarbantia
O libro que le Hamlet
Fidel Vidal. Italo Calvino (Por que ler os clásicos?) pregúntase polo libro que le Hamlet cando entra en escena no segundo acto. Á pregunta de Polonio, “Que ledes, señor”, Hamlet contesta: “Palabras, palabras, palabras”. Mais, que sería do home sen palabras, sen a palabra que o di ou sen a verba que o nomea? Que comunica máis, un rosario de palabras ou unha mirada tenra? No caso de Hamlet, estamos a falar dun libro, da palabra escrita, do verbo silencioso produtor de imaxes e dúbidas, da reflexión última transferida e transmutada por dupla ou tripla vía: Arriba cerebro! Seguir lendo O libro que le Hamlet
“Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá” (II)
Pilar Sampedro. Boisaca, lugar de triste lembranza, porque nos seus paredóns foron fusilados republicanos e galeguistas nos días da furia fascista, acolle na despedida do Nadal, cun acto de xustiza, que ano a ano pretende facer de contrapeso a tanto mal que se lle fixo a quen máis merecía o respecto de todos e todas. Malos tempos foron aqueles dos finais de Díaz Pardo cando foi traizoado por compañeiros e traballadores, cando ata foi expulsado do IGI que era a súa casa, unhas celas austeras –como todo o seu– no que traballaba sen descanso, onde o deixaron sen poder de decisión para pasárllelo a uns empresarios que só buscan o beneficio Seguir lendo “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá” (II)
Unha estreliña forxada na irmandá (I)
Pilar Sampedro. “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá e quero ver brilar a lus d´esa estreliña hasta chegar cegar. Que vexan os demais n´esa estreliña a lus da libertá, que vexan que o tesouro máis querido o ten o seu brilar. Estreliña feituca de cariños, estrela do meu lar, que sempre te levei como reliquia de Terra, Dios e Nai, xa te deixo prendida no meu fillo por sempre endexamais”. Seguir lendo Unha estreliña forxada na irmandá (I)